Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Mos, en sesión extraordinaria do día 13 de xullo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais en solo urbano

de Santo Antoíño por instancia da entidade Rúas de Mos, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Mos, 14 de novembro de 2000.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde