Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O pleno municipal en sesión realizada o día 5-12-2000 adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente elaborada polo arquitecto municipal, que ten por obxecto o cambio de cualificación de terreos situados na Choeira, parroquia de Almeiras, que no plan se destinan a solo urbano residencial, pasando a sistema xeral de infraestructuras e servicios, vinculados á construcción dun depósito regulador para abastecemento de auga ós municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo, reducíndose ó ámbito afectado respecto ó que foi obxecto de aprobación inicial, pola aceptación polo Pleno Municipal da alegación formulada polo propietario dun predio inicialmente incluído.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

3. Comunica-lo acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e darlle traslado de copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares dilenxiados do documento definitivamente aprobado.

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra el poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir da súa publicación.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa en tanto non se dicte resolución, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado este.

Todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 de RXAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46.1º da Lei da XCA.

Culleredo, 18 de decembro de 2000.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo