Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001 pola que se convocan cursos de informática para persoal dos grupos C e D de corporacións locais.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2001, e de conformidade coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo coa presentación da instancia e certificación, que como modelos oficiais figuran ó final da convocatoria como anexos II e III, cubertos en tódolos epígrafes, e no que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo I da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberá especifica-la orde de preferencia o responsable de persoal. No caso de non se especificar, a EGAP aplicará os criterios de selección ós que se fai referencia na base cuarta.

2. A falsidade ou a ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 15 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Terceira.-Tramitación das solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, r/ de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén instancias por telefax: 981 54 63 30.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificaráselles directamente ós admitidos.

Cuarta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 12 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públicos os criterios xerais de selección, e na do 27 de

xuño de 1994 pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

Quinta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de anulalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 10 o número mínimo de asistentes por curso.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade nos cursos. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa dos cursos con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública.

ANEXO I

* Curso: a folla de cálculo. Nivel avanzado.

1. Obxectivos.

Aproveitar tódalas posibilidades das follas de cálculo. Personaliza-lo programa para que se adapte o máis posible ós requirimentos reais do usuario.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais integrados nos grupos C e D, ou asimilados, que teñan realizado cursos de folla de cálculo de nivel básico (deberán achegar, xunto coa instancia de solicitude, copia do correspondente certificado).

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 15 horas.

3.2. Lugar e datas:

Santiago de Compostela: 26, 27 e 28 de febreiro, 5 e 6 de marzo de 2001.

A Coruña: 16, 17, 18, 19 e 23 de abril de 2001.

Lugo: 8, 9, 10, 14 e 15 de maio de 2001.

Ourense: 8, 9, 10, 14 e 15 de maio de 2001.

Pontevedra: 8, 9, 10, 14 e 15 de maio de 2001.

3.3. Horario: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 en cada localidade.

4. Contido.

Uso de funcións: función máis usuais. Problemas máis habituais e solucións. Uso de complementos de Excel. Personalización do programa. Manexos avanzados con gráficos. Usos avanzados con bases de datos. Análise de datos: escenarios. Táboas dinámicas. Creación de formularios.

* Curso: xestión de bases de datos relacionais. Nivel avanzado.

1. Obxectivos.

Aprender a organizar e manexar grandes cantidades de información. Saber obter resultados da información almacedada.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais integrados nos grupos C e D, ou asimilados, que teñan realizado cursos de bases de datos de nivel básico (deberán achegar, xunto coa instancia de solicitude, copia do correspondente certificado).

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas:

Santiago de Compostela: 7, 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de marzo de 2001.

A Coruña: 24, 25, 26 e 30 de abril e 2, 3 e 7 de maio de 2001.

Lugo: 16, 21, 22, 23, 24, 28 e 29 de maio de 2001.

Ourense: 16, 21, 22, 23, 24, 28 e 29 de maio de 2001.

Pontevedra: 16, 21, 22, 23, 24, 28 e 29 de maio de 2001.

3.3. Horario: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 en cada localidade.

5. Contido.

Relacións entre táboas. Conceptos básicos de Visual Basic para aplicacións. Conceptos avanzados

sobre consultas. Técnicas avanzadas con formularios. Técnicas avanzadas con informes.

* Curso: administrador de redes de área local (LAN).

1. Obxectivos.

Preténdese, neste curso de iniciación de área local formar un funcionario do concello para que, unha vez instalada a rede nel poida encargarse de xestionala, administrando a rede.

2. Destinatarios.

Persoal dos concellos con acreditada formación informática a nivel básico (deberán achegar, xunto coa instancia de solicitude, copia do correspondente certificado).

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP r/ de Madrid, 2-4.

3.3. Datas: 26 de marzo e 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de abril de 2001.

3.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Compeñentes dunha rede. Transmisión do sinal. Medios de transmisión do sinal. Cable coaxial. Cable de par trenzado. Fibra óptica. Infravermello. Microondas. Onda de radio. Tarxetas de rede. Ethernet. Token Ring. Deseño dunha rede de área local. Administración da rede.

ANEXO III

D.

responsable de persoal da entidade local

Informo

Que don/a

desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

..., ... de ...de 2001.

Asdo.:

Especifique a denominación do curso solicitado.