Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001 pola que se designan vocais da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 16 de novembro de 2000.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes a participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un profesor das universidades de Galicia e por un funcionario que estea en posesión do diploma de directivo. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 16 de novembro de 2000, as seguintes persoas:

-Victoria de Dios Viéitez, profesora titular de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

-José Ramón Pardo Cabarcos, secretario xeral da EGAP.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública