Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xaneiro de 2001 pola que se convocan as axudas correspondentes ás accións descentralizadas da segunda fase do programa Sócrates da Unión Europea: Comenius 1. Asociacións escolares transnacionais: 1.1 Proxectos escolares, 1.2 Proxectos lingüísticos, 1.3 Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Comenius 2.2: bolsas individuais de formación: 2.2.A. Futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.C. Cursos de prácticas (formación continua do profesorado). Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe e 3. Mobilidade para a formación do persoal docente. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación.

O Programa Sócrates é o programa de acción comunitario en materia de educación da Unión Europea para a cooperación transnacional no ámbito da educación e encontra o seu fundamento xurídico nos artigos 149 e 150 do Tratado de Amsterdam, segundo os cales a Comunidade Europea contribuirá o desenvolvemento da calidade da educación por medio da cooperación entre os estados membros e, se fose necesario, apoiando e completando a súa acción.

A segunda fase do Programa Sócrates foi aprobada por Decisión 253/2000/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 24 de xaneiro de 2000 (Diario Oficial das Comunidades Europeas nº L28, do 3 de febreiro de 2000), para o período comprendido entre

o 1 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2006.

A Comisión Europea efectúa anualmente, no DOCE, o anuncio público das axudas concedidas no marco do programa Sócrates. A Guía do Candidato, publicada así mesmo pola Comisión Europea, contén a información sobre os procedementos de solicitude, data límite de presentación de solicitudes e os criterios que deberán de ser considerados durante o proceso de selección, distinguindo a propia comisión entre criterios de elixibilidade e criterios de prioridades de selección para percibi-la axuda.

Nas accións descentralizadas, os estados membros poderán aplica-los criterios adicionais que se adapten ás necesidades do seu país.

Para garanti-la coordinación, a organización e a xestión financeira do programa, créase dentro do ámbito estatal español a Axencia Nacional Sócrates, á cal lle corresponde, en nome da Comisión Europea, conceder apoios financeiros mediante axudas ó profesorado e ós centros que foran seleccionados polas diferentes comunidades autónomas. Igualmente, a Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro) establece as normas xerais a que deben aterse as convocatorias específicas de axudas das accións descentralizadas do programa Sócrates da Unión Europea.

Por todo o cal, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e de conformidade coa Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro),

DISPONGO:

Capítulo I

Modalidades de axudas obxecto da convocatoria

Artigo 1º.-Modalidades.

Convócanse axudas para a participación nas accións descentralizadas do Programa Sócrates da Unión Europea na Comunidade Autónoma de Galicia: Comenius 1: asociacións escolares transnacionais: 1.1 Proxectos escolares, 1.2. Proxectos lingüísticos, 1.3 Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Comenius 2.2: bolsas individuais de formación: 2.2.A. Futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.C. Cursos de prácticas (Formación continua do profesorado). Grundtvig: 3.2. Asociacións de aprendizaxe e 3.3. Mobilidade para a formación de persoal docente. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación. Visitas preparatorias de accións centralizadas e visitas preparatorias de accións descentralizadas, para o período de actividade comprendido entre o 1 de setembro de 2001 e o 31 de xullo de 2002.

O número de axudas dependerá da cantidade asinada á Comunidade Autónoma de Galicia para cada unha das accións, de acordo coa fórmula de distribución territorial prevista na Orde ministerial de 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro).

Capítulo II

Criterios xerais de presentación, selección e resolución da convocatoria e percepción da axuda

Artigo 2º.-Documentación e presentación de solicitudes.

Os formularios de solicitude, a Guía do Candidato do Programa Sócrates, a convocatoria xeral de propostas para 2001 e o catálogo de cursos estarán a disposición das persoas interesadas nos servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, os centros de Formación Continuada do Profesorado e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Tamén se poden encontrar nas seguintes direccións de Internet:

http://europa.eu.int/comm/education/socrates.html

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/comenius/projects.htm#catalogues

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/arion

http://www.mec.es/sgpe/socrates

http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/europa

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo I que figura nesta orde, a seguinte documentación:

Deberán presentarse escritos nun dos idiomas oficiais da Unión Europea e por duplicado para cada acción.

As solicitudes remitiranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Lázaro, 107, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse a través do rexistro xeral. Tamén poderán utilizarse para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

As bases específicas para cada acción figuran no anexo I. Os candidatos, antes de presenta-las solicitudes, deben consulta-la Guía do Candidato, que se pode encontrar nos lugares mencionados anteriormente, para coñece-las características da cada acción.

O prazo de presentación será o indicado nas bases específicas correspondentes a cada unha das accións da presente convocatoria.

Artigo 3º.-Recomendacións.

En previsión de posibles incidentes que puidesen sobrevir durante a estadía no país onde se van realiza-las actividades de formación, recoméndase que os candidatos vaian provistos do correspondente seguro de viaxe, onde o seu importe pode ser xustificado como gasto, para efectos de liquidación final.

Artigo 4º.-Selección de candidatos.

1. O estudio e valoración das solicitudes e proposta de resolución corresponde a unha Comisión Técnica de Selección formada polos seguintes membros:

Presidente: o subdirector xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, ou persoa na que delegue.

Vocais: o xefe de Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica, o xefe do Servicio de Formación do Profesorado e un inspector educativo, ou persoas nas que deleguen.

Secretario/a: un/unha funcionario/a destinado na subdirección xeral.

2. A comisión verificará que as solicitudes recibidas se axustan ás características concretas de cada tipo de axuda e avaliará os proxectos e solicitudes segundo os criterios establecidos na Guía do Candidato e na presente orde. A dita comisión terá facultades para resolver tódalas dúbidas relacionadas co proceso de selección.

A Comisión de Selección poderá consultar a técnicos especializados co único obxectivo de colaborar na valoración das solicitudes.

3. Nas actividades de mobilidade individual: Comenius 2.2.C e Arión, non poderán participar aqueles candidatos que teñan recibido axudas do programa Sócrates para o mesmo tipo de actividade durante os tres últimos anos.

4. A selección das visitas preparatorias das accións centralizadas e descentralizadas será realizada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de acordo coa Axencia Nacional Sócrates e en función da dotación económica.

5. Darase preferencia a aqueles proxectos onde o tema de traballo coincida coas prioridades sinaladas pola Comisión Europea na convocatoria xeral de propostas 2001.

Artigo 5º.-Resolución da convocatoria.

As listas provisionais da concesión das axudas faranse públicas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, centros de Formación e Recursos e delegacións provinciais de Educación. As listas definitivas serán publicadas nos mesmos lugares no prazo máximo dun mes, unha vez recibida a confirmación por parte da Axencia Nacional Sócrates.

As persoas interesadas poderán presenta-las reclamacións contra esta lista provisional, ante a Comisión de Selección, no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ó da súa publicación no taboleiro de anuncios dos lugares mencionados.

As reclamacións presentadas serán estimadas ou desestimadas, e unha vez rematados os procesos selectivos, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional comunicaralle á Axencia Nacional Sócrates as candidaturas preseleccionadas. Nas accións que así o requiran, tralas pertinentes consultas ás axencias nacionais dos paí

ses implicados na actividade, a Axencia Nacional Española confirmará as candidaturas aprobadas e as rexeitadas, con especificación da causa.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional publicará a lista definitiva de seleccionados, suplentes e excluídos, que se fará pública no Diario Oficial de Galicia. Contra a dita resolución definitiva poderán os interesados interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

En ningún caso, a concesión de axudas á mobilidade do profesorado significará a concesión automática de permiso de ausencia das actividades lectivas, cando a actividade se realizase dentro do período lectivo.

Artigo 6º.-Xustificación e percepción da axuda.

1. A proposta definitiva de seleccionados notificarase a Axencia Nacional Sócrates, a que subscribirá un convenio financeiro directamente cos beneficiarios co fin de realiza-lo pagamento da axuda, de acordo coa Orde ministerial do 27 de novembro de 2000 (BOE do 19 de decembro).

2. Os beneficiarios da axuda estarán obrigados a:

a) Notifica-las datas de desprazamento á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e á Inspección educativa correspondente para efectos da concesión do correspondente permiso.

b) Comunicar, se é o caso, a obtención de axudas para a mesma finalidade doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

c) Someterse ás situacións de control financeiro que correspondan e ás de comprobación que poidan efectua-la Administración da Comunidade Autónoma, a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

d) Xustifica-lo correcto investimento da axuda recibida, enviando a memoria económica (acompañada dos xustificantes orixinais correspondentes) á Axencia Nacional Sócrates, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, Paseo del Prado, 28, 28014 Madrid, de acordo cos termos e prazos fixados no convenio correspondente, así como unha copia da memoria pedagóxica da actividade realizada.

e) Enviar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, nos 20 días seguintes á finalización das actividades, unha memoria pedagóxica segundo os criterios que figuran nos apartados específicos de cada acción nesta resolución, así como copia da memoria económica.

3. A falta de xustificación da axuda percibida comportará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates da cantidade nos xustificada, así como os xuros de

demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que puidera incorre-la persoa beneficiaria, de acordo cos artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria e maila normativa comunitaria.

4. Calquera alteración das condicións valoradas para a adxudicación das axudas (variación do número de participantes, datas de realización do proxecto, cambio do centro asociado e outras similares), así como a renuncia á axuda, debe comunicarse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e supoñerá a correspondente modificación da resolución da concesión, sempre que non implique un aumento da contía da axuda.

Artigo 7º.-Retirada da documentación.

Unha vez publicadas as resolucións definitivas e alcanzada a firmeza delas, a documentación poderá retirarse da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ata transcorridos tres meses desde a data de publicación, polos interesados ou persoa autorizada. Tamén se poderá solicitar a súa devolución por correo. Transcorridos estes prazos procederase á destrucción da documentación.

Artigo 8º.-Certificación.

A participación nas diversas accións do programa Sócrates será certificada para efectos de formación pola Administración educativa correspondente, tal e como se especifica en cada unha das accións desta convocatoria. No caso dos proxecto educativos será preciso presentar unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, tipo de acción, lista de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou no mesmo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

BASES ESPECÍFICAS PARA CADA ACCIÓN

Comenius 1: asociacións de centros escolares

Artigo 1º.-Obxecto.

O programa Sócrates, dedicado á ensinanza escolar, inclúe a acción Comenius 1, onde os obxectivos xerais son mellora-la calidade da educación escolar e reforza-la súa dimensión europea, favorece-la aprendizaxe de idiomas e promove-la conciencia da diversidade cultural. No marco de Comenius 1, os

centros escolares poden solicitar axudas financeiras para tres tipos diferentes de proxectos: 1.1 Proxectos escolares Comenius, 1.2 Proxectos lingüísticos Comenius, 1.3 Proxectos Comenius para o desenvolvemento escolar.

Artigo 2º.-Visitas preparatorias.

Os centros escolares que desexen iniciar un proxecto de cooperación poden solicitar unha axuda para unha visita preparatoria, que deberá presentarse tres meses antes do inicio da actividade.

Artigo 3º.-Plan Comenius.

Todo centro escolar que solicite axuda financeira, xa sexa como coordinador dun proxecto ou como asociado, debe elaborar un Plan Comenius, no que establecerá o papel que as actividades de cooperación europeas terán no desenvolvemento posterior do centro. O plan debe incluír unha breve descrición do centro e das súas actividades europeas. Os centros escolares presentarán o seu Plan Comenius xunto coas súas solicitudes para proxectos Comenius 1 e para a acollida de axudantes lingüísticos Comenius. Ademais de ser un importante instrumento estratéxico para o propio centro, o Plan Comenius, poderase utilizar como documento de referencia para avalia-las solicitudes que presente o centro escolar.

Artigo 4º.-Centros candidatos.

Poderán solicitar estas axudas os centros que impartan as seguintes ensinanzas:

a) Ensinanzas establecida pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, excepto os centros de educación de persoas adultas:

De réxime xeral: educación infantil, educación primaria, educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

De réxime especial: ensinanzas artísticas e escolas oficiais de idiomas.

Artigo 5º.-Características das axudas:1.1 Proxectos escolares e 1.3 Proxectos de desenvolvemento escolar.

As asociacións centros escolares que desenvolvan un proxecto escolar e proxectos de desenvolvemento escolar serán de polo menos 3 países, dos cales un terá a responsabilidade de coordinar o proxecto e o resto serán asociados. A súa duración máxima será de 3 anos, despois dunha revisión e avaliación anuais.

O proxecto deberá estar integrado na programación anual do centro e deberá te-lo apoio dos seus órganos de goberno: equipo directivo, claustro e consello escolar.

Polo seu carácter multidisciplinario, o proxecto deberá levarse a cabo en equipo e deberá contribuír a desenvolver a igualdade de oportunidades entre os alumnos por razóns de sexo, necesidades e/ou capacidades educativas especiais.

No desenvolvemento do proxecto, prevense encontros do profesorado. Así mesmo, e sempre que se

encontren incluídas no plan de traballo, pódense solicitar axudas para a realización de visitas de estudio destinadas ó equipo directivo do centro e intercambios de profesores.

Para a mobilidade do profesorado dentro dos proxectos educativos, é necesario que o director do centro solicite os permisos pertinentes ante a Inspección educativa.

Artigo 6º.-Contía das axudas.

A axuda que concede a Comisión Europea, a través da Axencia Nacional Sócrates, para a realización dun proxecto escolar e un proxecto de desenvolvemento escolar consta de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa de ata 2.000 euros para os centros coordinadores e de 1500 euros para os centros asociados, para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxecto excepto as viaxes internacionais.

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos das viaxes internacionais do acordo coa Guía do Candidato e as normas de concesión do formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1 proxectos escolares Comenius, proxectos lingüísticos Comenius e proxectos Comenius para o desenvolvemento escolar.

Artigo 7º.-Participantes e requisitos.

Os centros que desexen solicitar un proxecto escolar Comenius ou un proxecto Comenius para o desenvolvemento escolar deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Os centros coordinadores deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación: a) Formularios de candidatura Sócrates/Comenius 1, por duplicado. b) Plan Comenius, por duplicado. c) Aprobación do proxecto polo consello escolar ou organismo colexiado que o substitúa. d) Carta de compromiso dos demais centros escolares membros da asociación. e) Certificado do director do centro onde se indique o profesorado implicado no proxecto, así como as materias ou áreas que imparten.

2. Os centros asociados teñen que presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación: a) Formularios de candidatura Sócrates/Comenius 1, por duplicado. b) Plan Comenius. c) Copia do formulario do proxecto presentado polo centro coordinador. d) Breve resumo en español. e) Documentos c) d) e e) do punto anterior.

Artigo 8º.-Prazo de presentación da documentación.

O prazo de entrega das solicitudes para a presentación de proxectos remata o 20 de febreiro de 2001.

Artigo 9º.-Criterios de selección.

Valoraranse en función dos seguintes criterios:

Profesorado, áreas implicadas e interdisciplinariedade: ata 2 puntos.

Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 2 puntos.

Carácter innovador: ata 1 punto.

Plan de traballo: ata 2 puntos.

Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

Incidencia do proxecto na atención a mellora do éxito escolar do alumnado con necesidades educativas e sociais: ata 1 punto.

Artigo 10º.-Resolución da convocatoria.

A proposta dos proxectos seleccionados pola comisión establecida para o efecto, notificarase á Axencia Nacional Sócrates a cal procederá á consulta coas axencias nacionais de tódolos países que participan nos proxectos para adoptar unha decisión definitiva. Os proxectos seleccionados definitivamente deberán ser aceptados polo menos dous países máis.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos no seu taboleiro de anuncios, das delegacións provinciais e nos centros de Formación e Recursos.

Artigo 11º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Logo da avaliación, acreditarase ata un total de 50 horas de formación por curso escolar, ó profesorado que desenvolvese o proxecto Comenius como coordinador dun centro coordinador, ata 45 horas para os profesores coordinadores dun centro asociado e de ata 35 horas para o profesorado que colabore nos ditos proxectos.

Será preciso presentar, xunto coa memoria anual, unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, tipo de acción, lista de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou nel.

Artigo 12º.-Características das axudas para proxectos lingüísticos Comenius (Comenius 1.2).

O obxectivo destes proxectos é acrecenta-la motivación, a capacidade e a confianza dos mozos para comunicarse en linguas estranxeiras.

Un proxecto lingüístico Comenius debe realizarse conxuntamente entre centros educativos de dous países participantes. O seu elemento principal non é a ensinanza formal da lingua, senón a súa aprendizaxe gracias á realización dun traballo sobre un tema de interese común en colaboración con mozos doutro país. Deberá integrarse nas actividades habituais do centro e formar parte do programa de estudios dos alumnos participantes. Fomentará especialmente as actividades interdisciplinares. Un elemento esencial dos proxectos lingüísticos Comenius é o intercambio de alumnos durante alomenos 14 días incluída a viaxe. Durante a estadía no estranxeiro os alumnos serán aloxados, como norma xeral, nos fogares dos outros estudiantes participantes.

Todo proxecto debe dar lugar a un producto elaborado conxuntamente polos grupos de alumnos. O dito producto elaborarase nos idiomas dos dous socios representados ou nunha versión lingüística mixta na que ambos idiomas estean representados.

Artigo 13º.-Modalidade e contía da axuda.

A axuda constará de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa de ata 2000 euros para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxecto, excepto as viaxes.

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos das viaxes internacionais de acordo coa Guía do Candidato e as normas de concesión do Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1 proxectos lingüísticos Comenius. Durante a estadía no estranxeiro, os alumnos serán aloxados, como norma xeral, nos fogares dos outros estudiantes participantes. Só en casos de excepcionais debidamente xustificados poderá considerarse a posibilidade de outorgar unha axuda que contribúa a sufraga-los gastos da estadía.

Artigo 14º.-Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de entrega de solicitudes para a presentación de proxectos remata o 20 de febreiro de 2001.

Artigo 15º.-Participantes e requisitos.

a) Os intercambios terán que realizarse en período escolar dos centros de acollida.

b) Te-lo compromiso expreso, por escrito, das autoridades dos centros asociados.

c) Terán que basearse na reciprocidade, de forma que o alumnado de ambos centros teña a oportunidade de desenvolver parte do seu proxecto no centro do país asociado.

d) A duración mínima da actividade para cada un dos grupos no país asociado terá que ser de 14 días, incluída a viaxe.

e) Os participantes terán que residir nos domicilios dos alumnos receptores, salvo circunstancias excepcionais.

f) A idade mínima dos alumnos participantes será de 14 anos.

g) O grupo estará formado, como mínimo, por dez alumnos e un profesor, axustándose este módulo ós grupos superiores.

h) Se o programa de estudios dos alumnos participantes non inclúe clases na lingua do socio, a preparación do proxecto debe incluír unha introducción a esta de entre 20 e 40 horas e a fase de intercambio debe prever algún tempo para a súa instrucción.

Artigo 16º.-Documentación.

Os candidatos deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Formulario de candidatura Sócrates/Comenius 1, por duplicado.

b) Plan Comenius.

c) Aprobación do consello escolar ou órgano colexiado que o substitúa.

d) Compromiso expreso do centro estranxeiro da aceptación da realización do proxecto.

e) En relación co compoñente do proxecto que inclúe a mobilidade dos alumnos, os directores/as dos centros solicitantes recadarán as oportunas autorizacións do pai, nai ou titor, que quedarán arquivadas nos centros.

Artigo 17º.-Criterios de selección.

Os criterios de selección dos proxectos lingüísticos Comenius serán os seguintes:

-Radicación do centro en zona rural e/ou outras rexións desfavorecidas: ata 1 punto.

-Contribución do proxecto á mellora e a capacidade dos mozos para comunicarse nunha lingua estranxeira: ata 2 puntos.

-Integración do proxecto nas actividades habituais do centro: ata 1 punto.

Valoración do proxecto:

a) Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 2 puntos.

b) Plan de traballo: ata 2 puntos.

c) Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

d) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

e) Incidencia do proxecto na atención á mellora do éxito escolar nos alumnos con necesidades educativas e sociais: ata 1 punto.

Artigo 18º.-Resolución da convocatoria.

A proposta dos proxectos seleccionados pola comisión establecida para o efecto, notificarase á Axencia Nacional Sócrates, a cal procederá á consulta coas axencias nacionais de tódolos países que participan nos proxectos para adoptar unha decisión definitiva. Os proxectos seleccionados definitivamente deberán ser aceptados polo menos por dous países.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 19º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Logo de avaliación e valoración da memoria pedagóxica do proxecto lingüístico Comenius, acreditarase ata un total de 50 horas de formación por curso escolar ó profesorado que desenvolvese o proxecto lingüístico Comenius e acompañe ó grupo de alumnos e ata 35 horas para o profesorado que colabora no dito proxecto.

Será preciso presentar, acompañada da memoria pedagóxica, unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando o nome do proxecto, tipo de acción, lista de nomes completos dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou no mesmo.

Acollida de Axudantes Lingüísticos Comenius

Artigo 1º.-Características xerais.

O obxectivo desta acción é mellora-las aptitudes lingüísticas dos alumnos do centro de acollida e aumenta-la súa motivación en canto á aprendizaxe das linguas estranxeiras e o seu interese pola cultura do axudante.

O centro de acollida deberá nomear un profesor titor que supervisará o axudante, controlará os progresos da axudantía e actuará como persoa de contacto. O axudante lingüístico Comenius poderá realiza-la súa estadía por un período de 3 a 8 meses.

Artigo 2º.-Requisitos.

Poderán solicitar estas axudas tódolos centros que impartan as seguintes ensinanzas:

Ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo:

a) De réxime xeral: educación infantil, educación primaria, educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

b) De réxime especial: ensinanzas artísticas e escolas oficiais de idiomas.

Artigo 3º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de entrega de solicitudes para a presentación de proxectos remata o 20 de febreiro de 2001.

Artigo 4º.-Documentación requirida:

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Solicitude do plan Comenius do centro.

b) Formulario de candidatura de institucións que desexen acoller un lector de linguas Comenius.

c) Proxecto polo miúdo de acollida ó axudante lingüístico.

Artigo 5º.-Criterios de selección.

Os criterios de selección serán os seguintes:

-Radicación do centro en zona rural e/ou desfavorecida: ata 1 punto.

-Contribución á mellora e capacidade dos mozos para comunicáranse nunha lingua estranxeira: ata 2 puntos.

-Integración do proxecto nas actividades habituais do centro: ata 1 punto.

-Actividade en programas potenciación de linguas estranxeiras: ata 2 puntos.

-Participación en programas educativos de cooperación internacional: ata 2 puntos.

-Valoración do proxecto:

a) Claridade nos obxectivos e resultados esperados: ata 2 puntos.

b) Plan de traballo: ata 2 puntos.

c) Instrumentos de avaliación: ata 2 puntos.

d) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

e) Incidencia do proxecto na atención á mellora do éxito escolar nos alumnos con necesidades educativas especiais: ata 1 punto.

f) Fomento da aprendizaxe dun idioma estranxeiro desde unha idade temperá: ata 1 punto.

Artigo 6º.-Resolución da convocatoria.

A proposta de seleccionados notificarase á Axencia Nacional Sócrates quen procederá á consulta coas axencias nacionais dos demais países para a adxudicación dos axudantes en función das demandas dispoñibles.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional fará pública a lista definitiva de aprobados, suplentes e excluídos no seu taboleiro de anuncios, nas delegacións provinciais e nos centros de formación e recursos.

Artigo 7º.-Avaliación e certificación.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto, e poderá solicita-los informes que considere oportunos.

O remata-lo período de axudantía o centro deberá presentar un informe. Logo da súa avaliación e valoración, acreditarase cun total de ata 10 horas de formación ó profesor titor por cada trimestre que o axudante estivera no centro e cun total de ata 5 horas de formación para o profesor colaborador.

Comenius 2. Formación do persoal docente

Artigo 1º.-Obxecto.

No marco desta acción concédense bolsas ós profesores ou ó persoal con outras funcións que logo se especificarán, no ámbito da educación escolar ou, incluso, a quen se está formando para desempeñar tales funcións no futuro, co propósito de que realicen noutros países participantes certas actividades de mobilidade ligadas á súa formación inicial ou á súa práctica profesional. Nesta acción considéranse tres puntos:

a) Bolsas individuais para a formación inicial do profesorado.

b) Axudantías lingüísticas Comenius.

c) Bolsas individuais de formación permanente.

Artigo 2º.-Características das bolsas individuais para a formación do profesorado: Comenius 2.2A.

O obxectivo desta convocatoria é anima-los futuros profesores a que melloren a súa comprensión o da

dimensión europea do ensino e a aprendizaxe mediante un período de estudio supervisado e, cando sexa posible, unha formación práctica doutros países.

Artigo 3º.-Candidatos.

Estudiantes de maxisterio, ciencias da educación, psicoloxía que estean cursando os seus estudios na Comunidade Autónoma de Galicia ou participantes nos cursos de aptitude pedagóxica que sigan estudios nun centro de formación que estea integrado non proxecto transnacional Comenius 2.1 (Antigo 3.1).

Artigo 4º.-Contía das axudas.

Se concederán bolsas de arredor de 500 euros que cubrirán as viaxes de ida e volta ó país de acollida así como os gastos de estadía. A contía total estará en función do país no que se realice a formación e da duración desta que estará comprendida entre unha e dez semanas.

Artigo 5º.-Documentación requirida.

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Solicitude de participación.

b) Fotocopia compulsada do título académico, se é o caso.

c) Certificado do centro no que segue os estudios sinalando a súa situación nel.

d) Certificado do centro, acreditativo de que está incluído e participando nun proxecto Comenius 2.1, (Proxecto para a formación do persoal docente).

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación da documentación.

As solicitudes e a documentación complementaria dirixiranse, en calquera momento, á Axencia Nacional Sócrates, Paseo del Prado, 28, 28014 Madrid, con copia á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional tres meses antes da realización da actividade e a través do centro no que segue os seus estudios o candidato.

Artigo 7º.-Selección dos candidatos.

A axencia nacional de acordo coas comunidades autónomas seleccionará os candidatos periodicamente, de acordo coa dispoñibilidade de fondos e os criterios establecidos na Guía do Candidato.

Artigo 8º.-Características das bolsas individuais para Axudantías Lingüísticas. Comenius 2-2 B.

Esta acción consiste na concesión de axudas financeiras a futuros profesores de idiomas estranxeiros para que desenvolvan un período de prácticas docentes noutros países europeos diferentes dos participantes do programa Sócrates como axudantes lingüísticos. Esta acción persegue tanto o perfeccionamento do futuro profesor como a mellora das aptitudes lingüísticas dos alumnos e do seu interese por outros países e culturas representados polo profesor axudante.

Artigo 9º.-Candidatos.

Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

-Ser cidadán español ou de un país da Unión Europea residente en España.

-Ter cursado ou estar cursando os seus estudios universitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Posuí-lo título ou estar cursando os estudios seguintes:

* Filoloxía dun idioma da Unión Europea ou maxisterio na especialidade de filoloxía de idioma estranxeiro.

-Ter cursado, alomenos dous anos dos estudios sinalados.

-Non ter traballado nunca como profesor de lingua estranxeira.

-Non ter desfrutado dunha axuda financeira no marco do programa Sócrates.

Artigo 10º.-Contía e modalidade das axudas.

As axudantías poderán ter unha duración entre tres e oito meses e a axuda financeira cubrirá os gastos da viaxe do axudante desde o seu país de residencia ó centro escolar de acollida e os gastos de estadía variando a súa contía en función do país de acollida e da duración da estadía.

Artigo 11º.-Documentación requirida.

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Solicitude correspondente, por duplicado.

b) Copia compulsada do título ou certificación académica.

c) Fotocopia compulsada do DNI ou no caso de cidadáns doutro país da Unión Europea, certificado de residencia.

e) Declaración xurada de non ter traballado antes como profesor de idiomas.

Artigo 12º.-Prazo de presentación da documentación.

A documentación presentarase na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. O prazo de presentación das solicitudes e documentación será ata o 20 de febreiro de 2001.

Artigo 13º.-Criterios de selección.

a) Ter acabado os estudios 3 puntos.

b) Medida do expediente académico en caso de estudiantes:

Sobresaliente: 5 puntos.

Notable: 4 puntos.

Aprobado: 2 puntos.

c) Realización de cursos de formación de linguas estranxeiras e o seu ensino:

0,1 por cada 10 horas de curso recibido.

0,15 por cada 10 horas de curso impartido.

Artigo 14º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tal e como se establece no artigo 5º.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamación e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á axencia nacional Sócrates que, unha vez consultadas as axencias nacionais doutros países implicados, farán unha relación definitiva de admitidos que será publicada no Diario Oficial de Galicia. A Axencia Nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

Artigo 15º.-Características das bolsas individuais para a formación continua do profesorado. Comenius 2-2 C.

Esta modalidade da acción Comenius 2.2C ten como finalidade conceder bolsas a profesores e outras categorías de persoal docente, de acordo co que se estipule para as distintas actividades que se convocan con obxecto de que poidan participar en cursos de formación que teñan lugar noutros países da Unión Europea. Nesta modalidade establécense dous tipos de cursos:

a) Os dirixidos ó profesorado de calquera materia e nivel.

b) Os dirixidos ós profesores de linguas estranxeiras.

O catálogo dos cursos estará no seguinte enderezo de Internet:

http://europa.eu.int/comm/education/socrates/comenius/projects.htm#catalogues.

Soamente no caso de que estes cursos non respondan as súas necesidades, os candidatos poderán optar a cursos non incluídos no catálogo. Os candidatos deben seleccionar un curso de seu interese e, antes de solicita-la axuda, realizar a súa preinscrición, e a súa confirmación deberá acompaña-la solicitude de axuda.

Unha vez valoradas as solicitudes pola Comisión Técnica de Selección, a proposta comunicaráselle á Axencia Nacional Sócrates, a dita comunicación conterá tres tipos de listas:

-Candidatos aprobados e subvencionados.

-Candidatos aprobados e non subvencionados por falta de fondos.

-Candidatos rexeitados por non cumpri-los requisitos.

Unha vez que se comunique ós candidatos que se lles concedeu a bolsa para participar no curso no que están preinscritos, estes deberán confirmar coa maior brevidade posible a súa inscrición directamente ós coordinadores dos cursos (segundo as actuais normas, os organizadores dos cursos son os que decidirán que candidatos asistirán ó seu curso en función da orde de chegada da confirmación de asistencia).

Artigo 16º.-Contía das axudas.

As bolsas que se conceden serán aplicables a cursos que teñan a duración que a continuación se establece:

a) Cursos para profesores de calquera disciplina e nivel, duración entre unha e catro semanas.

b) Cursos para profesores de idioma estranxeiro, duración entre dúas e catro semanas.

As contías concedidas oscilarán entre 500 e 1.500 euros e estarán en función da duración do curso concedido.

Será necesario solicita-lo correspondente permiso cando a actividade se realice dentro do período lectivo. A concesión das axudas non significará a concesión automática del.

Artigo 17º.-Participantes e requisitos.

1. Participantes:

Participantes de cursos sinalados no epígrafe a):

-Profesores de calquera materia e nivel.

-Outro persoal que traballe no ámbito escolar con alumnos en situación de risco laboral ou con necesidades educativas especiais.

Participantes de cursos sinalados no epígrafe b):

-Profesores cualificados e en funcións de ensinanza dunha lingua estranxeira.

-Profesores doutras materias que se están formando de novo como profesores de lingua estranxeira.

-Profesores de educación infantil e primaria que imparten idioma estranxeiro.

-Profesores doutras materias que ensinen utilizando unha lingua estranxeira.

-Inspectores ou asesores que traballen no ámbito da ensinanza de idiomas.

2. Requisitos.

Requisitos comúns a tódolos beneficiarios:

-Estar prestando servicios no curso escolar 2000-2001.

-Non ter sido beneficiarios dunha axuda de Comenius Acción 3-2 ou Lingua B do programa Sócrates nos últimos tres anos.

-Non ser beneficiario durante o curso actual dunha axuda de formación a través doutras convocatorias

de axudas individuais para actividades de formación do profesorado que convoque a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Non atoparse en situación de licencia por estudios durante o período de celebración da actividade.

-Non ter concedida outra axuda por calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou estranxeiro, para a mesma actividade que sumada á que puidera concederse por esta convocatoria superase o cen por cen de gastos da actividade.

-En caso de optar por un curso do catálogo Comenius, para a formación inicial e continua do profesorado, (Comenius 2.2A e Comenius 2.2B) estar preinscrito no citado curso.

Requisitos específicos para cada modalidade de cursos:

No caso de participantes polo epígrafe a):

Profesores que se encontren desenvolvendo os seus labores docentes nun centro de educación primaria, secundaria, técnica ou profesional.

Outro persoal que traballe con alumnado con necesidades educativas especiais ou en situación de risco social. En ámbolos casos estas actividades deben terse realizado polo menos durante tres cursos.

No caso de participantes polo epígrafe b):

-Ter impartido ensino dun idioma durante polo menos tres anos académicos.

-Profesorado doutras materias que se estea formando como profesor de idiomas.

Estar empregando un idioma distinto do propio para a ensinanza de materias distintas da de linguaxe.

Artigo 18º.-Documentación requirida.

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Formulario de solicitude, por duplicado. No dito formulario só se indicará un curso para o que se achegará a preinscrición concedida polo seu coordinador.

b) Certificado do centro en que se está incorporado durante o curso 2000-2001, indicando as ensinanzas e o nivel impartido.

c) Certificado que acredite polo menos durante un ano académico outras situacións profesionais para o persoal que traballe con alumnado en situación de risco social ou con necesidades educativas especiais (no caso de ter desenvolvido esta actividade en diferentes centros, deberán acreditarse tres anos). Nesta acreditación debe quedar ben definido o tipo de relación co centro.

d) Certificado que acredite o ensino dun idioma durante polo menos tres anos académicos.

e) Para os profesores que se estean formando como profesores de idioma estranxeiro, certificado da formación.

f) Para os profesores que ensinen utilizando unha lingua estranxeira, certificado do centro que acredite esta situación.

Artigo 19º.-Prazo de presentación da documentación.

No caso de cursos correspondente ó catálogo de Comenius 2 o prazo rematará o 20 de febreiro de 2001. No caso das restantes actividades presentaranse antes do 2 de maio de 2001 e concederanse ata a distribución total do orzamento.

Artigo 20º.-Criterios de selección.

MéritosPuntuaciónDocumentos

1. Méritos docentes.

1.1. Por cada ano de servicio: 0,20 puntos por ano completo.

2 puntos máximoCertificación de servicios.
1.2. Relación directa entre o traballo desempeñado e a actividade solicitada.Ata 3 puntosDocumentación xustificativa.

2. Actividades de formación permanente.
2.1. Actividades de formación recoñecidas polas administracións educativas correspondentes.4 puntos máximoCertificacións acreditativas, nas que conste o número de horas de duración da actividade de formación.
2.1.1. Dirección ou coordinación: 0,20 puntos por actividade.

2.1.2. Relatorios: 0,10 puntos por relatorio.

2.1.3. Asistencia: 0,10 puntos por cada dez horas.

2.2. Participación nun Proxecto Educativo Europeo:

Nun centro coordinador: 2 puntos.

Nun centro asociado: 1 punto.

4 puntos máximoCertificación acreditativa correspondente.

(*) Orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Artigo 21º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días contados a partir do seguinte á data da súa publicación, poderán presentarse reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates que, unha vez consultadas a axencias nacionais doutros países implicados, fará unha relación definitiva de admitidos que serán publicados no Diario Oficial de Galicia. A axencia nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

En ningún caso a concesión de axudas significará a concesión automática de permisos cando a actividade se realice dentro do período lectivo.

Artigo 22º.-Avaliación e acreditación da actividade.

Os beneficiarios deben entregar unha breve memoria pedagóxica describindo a actividade realizada e enviala á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de trinta días despois de finaliza-lo curso ou seminario.

Para efectos de homologación dos certificados de participación, os beneficiarios deberán presentar na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional o certificado expedido pola entidade organizadora do curso/actividade de formación, na que deberán ser especificadas as horas de dura

ción para a homologación, de acordo coa normativa vixente.

Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe, para a educación das persoas adultas

Artigo 1º.-Obxectivo e duración.

O obxectivo da acción é promove-la dimensión europea na aprendizaxe ó longo da vida, e contribuír, mediante a ampliación da cooperación transnacional, á innovación e maior dispoñibilidade, accesibilidade e calidade doutros itinerarios educativos.

As asociacións de aprendizaxe Grundtvig son o marco de actividades de cooperación a pequena escala entre organizacións que traballan no campo da educación para persoas adultas, no sentido máis amplo da expresión. Neles estarán representados como mínimo tres países participantes en Sócrates e polo menos un deles deberá ser un Estado membro da Unión Europea. As asociacións deberán ser o máis equilibradas posible e non incluirán demasiados centros dun mesmo país, aínda que tamén se aconsella a participación de agrupacións de centros locais. O tamaño óptimo dunha asociación depende da natureza do proxecto e non se estableceu un número máximo de centros.

A acción ten e conta axudas para a realización de proxectos, tanto ó centro coordinador como ós asociados, por unha duración máxima de tres anos, despois dunha revisión e avaliación anuais.

Os centros educativos membros dunha destas asociacións de aprendizaxe poderán solicitar un axudante lingüístico Comenius, nas condicións descritas no capítulo cuarto da presente convocatoria.

Artigo 2º.-Centros beneficiarios.

Nas asociación de aprendizaxe Grundtvig, os coordinadores deben pertencer a unha das seguintes categorías:

-Centros educativos de primaria e secundaria que impartan cursos para adultos.

-Centros de educación de persoas adultas.

-As universidades populares.

-Escolas municipais.

-Universidades que se dediquen á elaboración de plans de estudios para adultos, ou que brinden oportunidades educativas a estudiantes adultos.

-Organizacións que impartan formación ó persoal de educación de adultos.

-Autoridades nacionais, locais e axencias de desenvolvemento local.

-Calquera organización dedicada á educación de adultos, como as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro, os sindicatos e as asociacións de empresarios, bibliotecas e os museos, os centros penitenciarios e reformatorios, as asociacións deportivas, as asociacións de veciños.

-Organizacións profesionais e empresas privadas que estean aplicando plans de aprendizaxe que nos se limite á formación profesional.

-Outros provedores de educación que respondan a demandas de aprendizaxe individuais.

-Outros organismos, tales como editores, medios ou centros de investigación, poderán participar como socios, sempre e cando acheguen experiencia complementaria adecuada. Fomentaranse con especial interese as asociacións mixtas entre sectores oficiais e non oficiais.

Artigo 3º.-Modalidade e contía das axudas.

Existen dous tipos de axudas:

a) Visitas preparatorias.

Concederase ata un máximo de 1.000 euros por persoa (dependendo do país de destino e da duración da visita) para a realización de encontros transnacionais conducentes á preparación do proxecto.

b) Proxectos de asociacións de aprendizaxe.

As asociacións de aprendizaxe poderán recibir axuda financeira durante un ou dous anos, en función da natureza da actividade proposta, aínda que en determinados casos particulares debidamente xustificados a axuda cubrirá un máximo de tres anos. En principio, ningunha actividade de mobilidade emprendida no marco do proxecto (reunións de socios, seminarios, intercambios de persoal) durará máis de 2 semanas.

A axuda constará de dúas partes:

a) Unha cantidade fixa para contribuír ó pagamento dos gastos relacionados coas actividades do proxec

to, excepto para as viaxes internacionais. Polo xeral, nas etapas iniciais da segunda fase de Sócrates a cantidade anual concedida será de 5.000 euros para o centro coordinador e de 4.000 euros para cada un dos socios restantes (a menos que a suma solicitada sexa inferior).

b) Unha cantidade variable que axude a sufraga-los gastos da viaxe internacionais e as axudas de custo.

Artigo 4º.-Documentación requirida.

Os participantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

1. Os centros coordinadores:

a) Formulario de candidatura Grundtvig 3.2. Asociacións de aprendizaxe por duplicado, que se encontra nos lugares especificados no punto segundo do capítulo II.

b) Carta de compromiso dos outros centros de adultos, membros da asociación.

c) Se o solicitante é un centro educativo debe incluí-la a aprobación do proxecto polo Consello Escolar ou órgano equivalente, e o certificado da dirección do centro, no que se inclúa unha relación do profesorado implicado no proxecto.

d) Se o solicitante non é un centro educativo deberá presenta-lo documento que acredite que desenvolven plans de educación como parte da súa responsabilidade.

e) Relación numerada dos documentos que se achegan.

2. Os centros asociados:

a) Formulario de candidatura Grundtvig 3.2. Asociacións de aprendizaxe por duplicado, que se encontra nos mesmos lugares que para os centros coordinadores.

b) Copia do formulario orixinal, presentada polo centro coordinador e traducción dos epígrafes que describen o proxecto.

c) Documentos c, d e e do epígrafe correspondente ó centro coordinador.

Artigo 5º.-Prazo de presentación da documentación.

O prazo de presentación de formularios e documentación remata o 20 de febreiro de 2001. Para as visitas preparatorias, tres meses antes de realizarse a actividade.

Artigo 6º.-Criterios de selección.

1. Prioritarios. Valorarase de forma preferente o que o proxecto solicitante:

a) Conte coa participación dunha asociación mixta entre centros do sector da educación oficial e centros educativos non oficiais (por exemplo, outros centros de educación de adultos, asociacións e organización e centros de educación superior).

b) Demostre que conta coa participación dunha asociación equilibrada; por exemplo, entre países xeograficamente dispersos que preferiblemente constitúan zonas non fronteirizas, co propósito de maximiza-lo potencial dos proxectos.

c) Presente unha verdadeira dimensión europea en termos de contido, asociación, resultados e difusión.

Prestarase especial atención ós proxectos nos que participen centros ou organizacións onde a súa experiencia previa en proxecto de cooperación europea sexa escasa ou nula e que ata o momento non recibisen ningunha axuda da Comunidade Europea con ese fin. Nos proxectos que teñan por obxectivo mellora-la competencia nas linguas obxectivo da acción, darase prioridade ás menos utilizadas e ensinadas na UE.

2. Adicionais.

a) Profesorado de adultos, áreas implicadas e interdisciplinariedade: ata 2 puntos.

b) Claridade nos obxectivos e nos resultados esperados: ata 1 punto.

c) Plan de traballo: ata 2 puntos.

d) Instrumentos de avaliación: ata 1 punto.

e) Estratexias para a difusión: ata 1 punto.

f) Incidencia do proxecto na atención á mellora da educación das persoas adultas: ata 1 punto.

Terase en conta a participación mixta entre centros do sector da educación oficial e non oficial, así como unha verdadeira dimensión europea en termos de contidos, asociación, resultados e difusión do proxecto.

Artigo 7º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional avaliará o desenvolvemento e a continuidade do proxecto, a poderá solicita-los informes que considere oportunos.

Os centros participantes deben enviar unha memoria pedagóxica, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de 30 días despois de remata-la actividade.

Logo da avaliación, acreditarase ata un total de 50 horas de formación por curso escolar, ó profesorado que desenvolvese o proxecto como coordinador dun centro coordinador, ata 45 horas para os profesores coordinadores dun centro asociado e de ata 35 horas para o profesorado que colabore nos ditos proxectos.

Será preciso presentar unha certificación expedida polo director do centro escolar, especificando nome do proxecto, tipo de acción, lista de nomes completa dos participantes, así como os seus DNI e o papel que cada profesor/a realizou no mesmo.

Grundtvig 3. Mobilidade para os educadores de adultos

Artigo 1º.-Obxectivo.

O obxectivo de Grundtvig 3 é contribuír a mellora-la calidade da aprendizaxe permanente permitindo que os que traballan nos centros de educación de adultos, no sentido máis amplo da expresión, ou participan na formación de adultos realicen cursos de formación de entre unha e catro semanas no estranxeiro. Deste xeito, incítase ós participantes a que melloren as súas aptitudes prácticas de ensino/preparación/asesoramento e adquiran coñecementos máis amplos da aprendizaxe permanente en Europa.

Artigo 2º.-Requisitos.

As axudas pódense conceder ó persoal que traballa con adultos, a tempo parcial ou completo, tanto no sistema oficial como no non oficial. Inclúense:

-Profesores/formadores que traballen con adultos, así como os seus propios profesores/formadores.

-Directores e persoal xerente de centros que ofrezan oportunidades de aprendizaxe ou educación de recuperación.

-Asesores, titores, etc.

-Inspección.

-Persoal que traballa con adultos en situación de risco de exclusión social, como mediadores e educadores da rúa.

-Persoas que participan en educación intercultural ou en tarefas educativas relacionadas con traballadores emigrantes, traballadores itinerantes, xitanos e viaxeiros.

-Persoal que asiste a persoas con necesidades educativas especiais.

-Outras categorías de persoal dedicado á educación de adultos, a discreción das autoridades nacionais.

Os profesores de idiomas que desexen optar a unha axuda para participar nun curso de formación terán que pertencer a unha das categorías seguintes:

-Profesores cualificados de idiomas estranxeiros que exerzan na educación de adultos.

-Formadores deses profesores de idiomas estranxeiros.

-Profesores de adultos que utilicen unha lingua estranxeira para impartir clases doutras disciplinas.

-Inspectores e conselleiros do ámbito do ensino de linguas.

Artigo 3º.-Características dos cursos para os que se solicitan as axudas.

Os cursos de formación ós que poden asistir con axudas de Grundtvig 3 están encamiñados a cubrir:

a) Aspectos da metodoloxía utilizada na ensinanza de adultos (ou na formación de educadores de adul

tos): aprendizaxe, avaliación, adaptación ás necesidades específicas da aprendizaxe de adultos, grupos menos favorecidos, etc.

b) Aspectos da xestión de centros de educación de adultos a promoción da aprendizaxe permanente na comunidade.

c) Temas relacionados coa integración europea.

d) Temas relacionados coa educación intercultural e a educación dos traballadores emigrantes, traballadores itinerantes, xitanos e viaxeiros.

Artigo 4º.-Modalidade e contía das axudas.

Dentro desta acción, ofrécense axudas da Comisión Europea a través da Axencia Nacional Sócrates, que serán de ata un máximo de (1.500) euros por beneficiario/a, para contribuír a cubrir gastos de viaxe, taxas de inscrición (se procede), estadía, preparación (incluída a lingüística), ocasionados pola asistencia á actividade de formación.

A contía das axudas será fixada individualmente, tendo en conta a actividade de formación, a duración e o lugar onde se realizará.

Nalgúns casos o curso poderá adopta-la forma de estadía en prácticas nun comercio, unha industria ou unha organización non gobernamental que poida facilita-la consecución dos obxectivos mencionados. Polo xeral, os cursos irán precedidos dun período de preparación e seguidos dun período de seguimento. Estas dúas facetas de traballo desenvolveranse no país de orixe do participante.

Tamén poderán ser solicitados os cursos do catálogo de Comenius 2, neste caso será necesario contar coa preinscrición no curso correspondente, tal e como se especifica no artigo 52º.

Artigo 5º.-Prazo de presentación da documentación.

No caso de cursos correspondentes ó catálogo de Comenius 2 o prazo rematará o 20 de febreiro de 2001. No caso das restantes actividades solicitaranse antes do 2 de maio de 2001, e concederanse ata a distribución total do orzamento.

Artigo 6º.-Documentación requirida.

As persoas que teñan as condicións esixidas deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Formulario de candidatura Grundtvig 3.3. mobilidade para os educadores de adultos, que se encontra nos lugares especificados no epígrafe segundo do capítulo II.

b) Documento acreditativo da identidade do solicitante.

c) Acreditación da competencia lingüística operativa na lingua de traballo do curso.

d) Proxecto sobre as estratexias para difundi-los resultados obtidos na actividade ou curso correspondente.

e) Declaración xurada de non ter recibido ningunha axuda comunitaria con anterioridade.

f) Se o candidato/a presta os seus servicios nunha organización privada, deberá presenta-los estatutos da organización e proba recente da súa existencia (último informe anual, certificado financeiro, etc.)

g) Relación numerada dos documentos que se achegan. Valorarase só o que se acredite documentalmente.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

Tódalas solicitudes serán baremadas de acordo cos seguintes criterios:

1. Criterios prioritarios:

Terán prioridade as actividades que faciliten a asistencia a cursos desenvolvidos no marco de proxectos de cooperación europea financiados por Grundtvig 1 ou pola acción sobre educación de adultos da primeira fase de Sócrates. Sen embargo, tamén se pode solicita-la participación nun curso de formación que non pertenza a esta categoría. No caso de que así sexa, deberase demostrar na solicitude que o curso proposto:

a) Respecta os obxectivos xerais de Grundtvig 3.

b) Posúe dimensión europea, o que neste contexto significa que:

-Inclúe a participantes de diferentes países europeos.

-Ten en conta as diferencias entre as culturas e as prácticas educativas dos participantes.

-Responde ás necesidades que non se poden satisfacer adecuadamente mediante cursos organizados nos países dos participantes.

c) Impárteno formadores con cualificacións e experiencias adecuadas.

d) Baséase nun programa detallado que inclúe información sobre o material didáctico que se utilizará e sobre as actividades de seguimento previstas.

e) Inclúe, se é posible, un período de preparación e un seguimento posterior, ademais do curso como tal.

f) Presenta unha boa relación calidade-prezo.

2. Criterios adicionais:

-Adecuación e viabilidade do proxecto presentado para a difusión da experiencia ata 5 puntos.

-Relación directa das funcións profesionais que realiza o candidato ou candidata co tema do curso solicitado: ata 4 puntos.

-Pertencer a un centro situado en zonas rurais ou desfavorecidas por diversas razóns socioeconómicas: 1 punto.

Artigo 8º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos tabo

leiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días contados a partir do seguinte á data da súa publicación, poderán presentarse reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates que, unha vez consultadas as axencias nacionais dos outros países implicados, fará unha relación definitiva de admitidos que será publicada no Diario Oficial de Galicia. A axencia nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

Artigo 9º.-Obrigacións dos beneficiarios.

Ademais das obrigacións recollidas no preámbulo desta orde, os beneficiarios dun período de prácticas deberán realizar unha preparación previa no seu país de orixe e un período de prácticas, no que aplicarán os seus novos coñecementos e aptitudes, redactando un informe sobre os seus progresos, unha vez rematado o curso. Xeralmente o formador encargarase de organizar estas importantes cuestións intrinsecamente ligadas ó propio curso, para o cal recorrerá a miúdo a métodos de aprendizaxe a distancia. Animarase ós formadores a que creen redes de estudiantes para favorece-lo estudio e o apoio mutuo.

Artigo 10º.-Avaliación e recoñecemento da actividade.

Os beneficiarios deben entregar unha breve memoria pedagóxica describindo a actividade realizada e enviala á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de trinta días despois de remata-lo curso ou seminario.

Para efectos de homologación dos certificados de participación, os beneficiarios deberán presentar na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional o certificado expedido pola entidade organizadora do curso/actividade de formación, na que deberán ser especificadas as horas de duración para a homologación, de acordo coa normativa vixente.

Arión: axudas para realizar visitas de estudio para responsables de sistemas educativos europeos

Artigo 1º.-Obxecto da convocatoria.

A acción Arión ten como obxectivo principal a realización de visitas transnacionais de estudio para o intercambio de información e de experiencias educativas, co fin de que a diversidade e as particularidades dos seus sistemas educativos se convertan nunha fonte de enriquecemento e de estímulo recíproco. As visitas de estudio Arión facilitan o intercambio de información e experiencias entre responsables da toma de decisións en educación sobre temas de interese común nos ámbitos da educación primaria, secundaria, técnica e profesional. Estas visitas poderán ter un efecto multiplicador na comu

nidade educativa. A Comisión Europea publicará un Catálogo de visitas Arión para o período comprendido entre setembro de 2001 e maio de 2002. Os solicitantes elixirán a visita de estudio que máis se adecue á súa situación. A Comisión Europea reserva o dereito de introducir modificacións sobre as datas, o prezo e o obxecto das visitas, ata o momento da súa realización.

O catálogo estará a disposición dos interesados nos seguintes enderezos de Internet:

http://europa.eu.int./comm/education/socrates/arion/index.html.

http://www.mec.es/sgpe/socrates.

http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/europa.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar estar axudas:

a) Os membros dos equipos directivos dos centros.

b) Os inspectores.

c) Os asesores en materia de educación.

d) O persoal responsable da administración educativa.

e) Formadores do profesorado.

Todos eles vinculados profesionalmente a calquera dos ámbitos e niveis de ensino non universitarios.

Artigo 3º.-Requisitos dos beneficiarios.

1. Estar en servicio activo no momento de presenta-la solicitude.

2. Os candidatos deberán ter un bo coñecemento dunha das linguas de traballo da visita solicitada.

3. Non ter desfrutado destas axudas nos últimos tres anos.

4. Que o curso que se solicita teña relación co traballo que se desempeña.

5. As visitas de estudio que se realicen en España non poderán ser solicitadas.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

As axudas asignaranse para contribuír ós gastos da viaxe e estadía, ocasionados pola realización das visitas de estudio. A contía será como máximo de 1.000 euros dependendo da distancia entre o punto de orixe e o da visita a efectuar. No caso de que os gastos totais foran inferiores ó orzamento estimado, a subvención máxima limitarase ós gastos reais que poidan ser subvencionados tal como se define na Guía do Candidato. A subvención non poderá en ningún caso producir beneficios.

Artigo 5º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de maio de 2001.

Artigo 6º.-Documentación requirida.

Os solicitantes deberán presentar, ademais do anexo II que figura nesta orde, a seguinte documentación:

a) Formulario de candidatura Visitas de Estudio Arión. Presentaranse 3 exemplares do formulario de solicitude, dous exemplares en español e outros dous en inglés, francés ou alemán.

b) Fotocopia do DNI.

c) Datos bancarios do/a solicitante.

d) Declaración sobre o coñecemento da lingua en que se realiza o seminario.

e) Certificación acreditativa do xefe inmediato superior ou do Servicio de Inspección sobre a relación entre o tema elixido e o perfil profesional do candidato ou candidata.

f) Aprobación da dirección ou persoa ou órgano do que dependa o/a solicitante, na que se faga consta-la conformidade da realización da actividade para a que se solicita a axuda.

g) Documento acreditativo do exercicio do cargo que ocupa o/a solicitante ou desde o que accede á citada axuda, con expresión do tempo de permanencia nel.

h) Declaración xurada de que non participou no programa Sócrates nos tres últimos anos anteriores.

i) Relación numerada dos documentos que presenta.

Artigo 7º.-Criterios de selección.

As solicitudes presentadas serán avaliadas pola comisión en función dos criterios seguintes:

MéritosPuntosDocumentos

Relación directa das funcións profesionais que se desenvolven co tema das visitas solicitadas.Ata 2 puntos.Informe da dirección do Centro ou Servicio de Inspección.

Relación directa con outros axentes do sistema educativo ós que difundi-la experiencia.Ata 2 puntos.Informe da Dirección do Centro ou Servicio de Inspección.

Proxecto relativo ás posibles estratexias para difundi-los resultados obtidos coa experiencia, máximo de dous folios.Ata 2 puntos.Proxecto visado pola Dirección do Centro ou Servicio de Inspección.

Coñecemento doutras linguas oficiais comunitarias.Ata 2 puntos.Certificado acreditativo firmado pola autoridade ou institución competente.

Participación en cursos de formación europeística, excepto a participación anterior na acción Arión; traballo sobre a dimensión europea da educación (proxectos, publicacións, etc.) Ata 1 punto.Certificado acreditativo firmado pola autoridade ou institución competente.

Artigo 8º.-Resolución da convocatoria.

A selección provisional de admitidos e excluídos coas puntuacións alcanzadas farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No prazo de dez días contados a partir do seguinte á data da súa publicación, poderán presentarse reclamacións e renuncias.

Unha vez estudiadas e, se é o caso, admitidas as reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta priorizada á Axencia Nacional Sócrates, quen á súa vez as remitirá á Comisión Europea en Bruxelas, a cal publicará a adscrición e notificará ó interesado mediante unha carta de invitación formal e documentación sobre o país da visita, o tema elixido e o obxecto de estudio. Posteriormente, o país de acollida ampliará esa información poñéndose directamente en contacto cos interesados. A axencia nacional establecerá cos beneficiarios os correspondentes contratos financeiros.

No caso de que un candidato renuncie a esta concesión deberá informar inmediatamente a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Pro

fesional e a Comisión Europeas, para efectos da súa substitución.

Artigo 9º.-Avaliación e recoñecemento da formación.

Para avaliar e acredita-la actividade, os beneficiarios terán que enviar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional nun prazo non superior a trinta día despois de remata-la súa estadía noutro país os seguintes documentos:

a) Informe persoal da visita resaltando os puntos máis destacables.

b) Copia do cuestionario de avaliación que a Oficina de Asistencia Técnica do Programa Sócrates en Bruxelas enviará oportunamente ós participantes.

c) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia onde se especifiquen as datas de realización da visita, o número de horas e copia da memoria económica.

Unha vez rematada a visita, e despois da avaliación desta, poderase acreditar con trinta e cinco horas no caso dos participantes e trinta horas no caso dos organizadores de visitas Arión en Galicia.