Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de diversos contratos de subministración.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

1. Adquisición de equipamento de procesador de tecidos con destino ó Hospital Comarcal de Monforte de Lemos (Lugo).

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-61/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento dun procesador de tecidos.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 148, do 1 de agosto de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns duascentas mil pesetas, IVE incluído (3.200.000 pesetas, IVE incluído), 19.232,39 euros.

Lote único: 3.200.000 pesetas, 19.232,39 euros.

5. Adxudicación.

Lote único: equipamento procesador de tecidos.

Data: 12 de decembro de 2000.

a) Contratista: Leica Microsistemas, S.A.

b) Nacionalidade: española.

c) Importe de adxudicación: dous millóns novecentas noventa e seis mil pesetas, IVE incluído (2.996.000 pesetas, IVE incluído), 18.006,32 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é sus

ceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos