A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en vir
tude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde de 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca os seguintes concursos públicos:
Expediente número: C.P. 1/2001.
Obxecto: suturas mecánicas e fíos de suturas.
Importe de licitación: 15.389.395 pesetas (92.492,13 euros) (IVE incluído).
Expediente número: C.P. 5/2001.
Obxecto: material de imprenta e modelaxe.
Importe de licitación: 10.728.360 pesetas (64.478,74 euros) (IVE incluído).
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.
a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.
b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.
b) División en lotes:
C.P. 1/2001. Punto 3.2 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
C.P. 5/2001. Punto 3.3 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Subministracións (almacén xeral).
d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria (anticipada).
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.
5.Obtención de documentación e información.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.
6. Requisitos específicos do contratista.
As solvencias económica, financeira, e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sina
lados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes:
C.P. 1/2001 e C.P. 5/2001: non se admite a presentación de variantes.
8. Apertura das proposicións.
Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
9. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen na folla de especificacións e documentos anexos do prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de execución do contrato:
C.P. 1/2001 e C.P. 5/2001: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2001.
10. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.
Ferrol, 19 de decembro de 2000.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol