Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do peirao do porto de Domaio, situado no concello de Moaña, provincia de Pontevedra e promovido polo ente público Portos de Galicia.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano substantivo someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información

pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do peirao de porto de Domaio, situado en Moaña (Pontevedra).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiental de Pontevedra.

-Concello de Moaña.

-Ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte ó publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia