Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/284-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento en Inasus-polígono IV.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. polígono IV ata o centro de seccionamento proxectado en Inasus, rematando no punto de inicio da liña, no concello

de Lalín. Centro de seccionamento cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 1 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra