Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e C. distribución grupo escolar-Outeiro 6.
Situación: Barro.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. do grupo escolar ata o centro de distribución en Outeiro 6, no concello de Barro. Ampliación da potencia do centro de transformación do grupo escolar pasando de 100 kVA a 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. Centro de distribución con 2 celas de liña CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 1 de decembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra