Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de decembro de 2000, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00344-I-2000).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

e instructor

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00344-I-2000

PO-6102-Y

3326014268A7286

Autocares A García, S.A.

Monte Faquiña, 120

360 Mos (Pontevedra)

Realizar transporte público regular de uso especial (escolar de carácter interurbano) ó colexio público Sobreira, co vehículo matrícula PO-6102-Y, carecendo da preceptiva autorización administrativa especial e do rótulo indicativo do transporte que realiza na parte traseira do vehículo

8-11-2000; 9.15

Art. 4.3º R.D. 2296/1983 e Art. 5 da Orde do 25 de outubro de 1990, pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE nº 260, do 30) Art. 89 da Lei 16/1987, Art. 105 do R.D.1211/1990 e R.D. 2296/1983Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990255.000 ptas.