Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de decembro de 2000, do recadador de zona de Vigo, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Carrasqueira, S.A. e seis máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona de Vigo, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposicion no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamacion económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Vigo, 12 de decembro de 2000.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

DEBEDORNIFDATA

DILIXENCIA

DESCRICIÓN

CARRASQUEIRA S.A.A3668627727-10-2000EMBARGO DE INMOBLES

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DEL COMPLEJ.H3673702116-11-2000EMBARGO DE CONTAS

DACOGAL S.L.B3672052230-10-2000EMBARGO DE INMOBLES

DEBEDORNIFDATA

DILIXENCIA

DESCRICIÓN

FERNÁNDEZ VELOSO, ENRIQUE36084211V3-11-2000EMBARGO DE VEHÍCULOS

IGLESIAS BARREIRO, JOSÉ (E CÓNXUXE)36090499A31-10-2000EMBARGO DE INMOBLES

LORENZO POUSA, FULGENCIO

CARRERA COBO CRISTINA (CÓNXUXE)

35977423H27-10-2000VALORACIÓN E FIXACIÓN DE TIPO PARA POXA

TOJO SANDA, ANUNCIA76498186W23-10-2000EMBARGO DE VEHÍCULOS

TOJO SANDA, ANUNCIA76498186W23-10-2000EMBARGO TARXETAS DE TRANSPORTE