Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 30 de novembro de 2000, prestou aprobación inicial ó proxecto de delimitación do polígono Agra Grande da Ponte Ribeira-Outarela, que comprende unha superficie de 47.254 m, sendo a delimitación a seguinte:

Iníciase no angular do Centro de Saúde formado polas rúas Toleiro e Calvo Sotelo. Continúa segundo a liña recta en todo o frontal do citado Centro de Saúde ata o encontro coa casa número 138 da rúa Calvo Sotelo, onde cambia de aliñación.

Esténdese polo lateral oeste de tal casa número 138 ata o fondo do corpo alto da ciada edificación, en que cambia de aliñación. Continúa, en aptitude semiparalela á rúa Calvo Sotelo, polas partes traseiras das edificacións números 138, 140, 142 e 144 da citada rúa, onde cambia de aliñación.

Esténdese, en aptitude caso ortogonal á liña anterior, segundo o paramento leste da casa número 144 da rúa Calvo Sotelo, ata encontra-la liña de dita vía, onde cambia de aliñación. Continúa polos paramentos frontais das casas nº 146, 148 e 150 da rúa Calvo Sotelo, ata a esquina leste desta última edificación, en que cambia de aliñación.

Esténdese polo lateral oeste do predio número 152-154 ata un fondo prolongación do anterior, continuando, segundo tal prolongación, ata unha liña divisoria entre as casas números 162 e 164, onde vira cara á rúa Calvo Sotelo, ata o encontro coa súa aliñación. Continúa segundo a aliñación, da rúa Calvo Sotelo ata o angular de edificación de licencia de recente concesión, onde se adecua ó paramento oeste desta, séguea polo fondo e accede á vía inmediata segundo a liña de lindeiro.

Esténdese segundo o bordo leste da beirarrúa ata a praza de Galicia, continuando desde a dita praza, polo bordo da beirarrúa norte da rúa do Peregrino ata o encontro co camiño lateral ó Hotel Alfonso IX. Continúa polo bordo oeste do citado camiño lateral ata o encontro do cerramento do predio do hotel, onde cambia de aliñación, estendéndose, seguidamente, segundo a dita liña ata o río Sarria, onde cambia de aliñación.

Esténdese pola marxe dereita do citado río ata a rúa Toleiro, tanxenciando tódolos predios pola súa parte exterior e deixando fóra o muíño. Tralo encontro coa rúa Toleiro, esténdese segundo a liña sur desta vía ata o vértice que esta forma coa rúa Calvo Sotelo, no angular do centro de saúde citado inicialmente.

En cumprimento do disposto no artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública este proxecto de delimitación, xunto co expediente instruído para o efecto, polo prazo de vinte días.

Así mesmo, faise pública a seguinte relación de propietarios e a referencia catastral dos ben afectados, por se algún dos propietarios resultase descoñecido, se ignore o lugar de notificación ou, intentada a notificación, non se puidese practicar: 1. Manuel Camino Arias (02.75.0.22); 2. Olga López López (02.75.0.03); 3. Manuel López Lama (02.75.0.04); 4. Antonio González Gayoso (02.75.0.97); 5. Jaime Yáñez Préstamo (02.75.0.06); 6. María Pumares Díaz (03.74.0.01); 7. Ángel Domínguez López (03.74.0.02); 8. José Luis García Lago (03.74.0.03); 9. Mario Moscoso Fernández (03.74.0.02); 10 Mario Moscoso Fernández (03.74.0.32); 11. Antonio Somozo López (03.74.0.04); 12. Antonio Somoza López (03.74.0.08); 13. Dalmiro Núñez Díaz (03.74.0.11); 14. Antonio López López (03.74.0.09); 15. Luis Fernández Linares (03.74.0.10); 16. Ángeles López Gallego (03.74.0.12); 17. Emilio López Somoza (03.74.0.14); 18. Ángeles López Gallego (03.74.0.15); 19. Veneranda Díaz (03.74.0.17); 20. Antonio Bruña

Sobrino (03.74.0.16); 21. Bien-

venido López Pérez (03.74.0.18); 22. Bienvenido López Pérez (03.74.0.36); 23. Armindo Pérez Fernández e Antonio López Saugar (03.74.0.19); 24. Loma Sarria, S.L. (03.74.0.20); 25. Dolores Cortiñas Vaquero (03.74.0.21); 26. José Nogueira López (03.74.0.34); 27. Ramón Faraldo Freijomil (03.74.0.33); 28. Comunidade Propietarios Rúa Peregrino, 35 (03.74.0.37); 29. Jesús Losada López (03.74.0.22); 30. Mª Carmen Vázquez Rivas (03.74.0.35); 31. Jesús Losada López (04.74.0.23); 32. Carmen Celeiro López (03.74.0.24); 33. Jesús Losada López (03.74.0.25); 34. Eulogio Vázquez Hospido (03.74.0.24); 35. Manuel Vázquez Fernández (03.74.0.27); 36. Luis e Mª Dolores Daga López (03.74.0.31); 37. José Caloto López (03.74.0.28); 38. Gil Yáñez Préstamo (02.75.0.10); 39. Diócesis de Lugo (02.75.0.15); 40. Gil Yáñez Préstamo (02.75.0.09); 41. Gil Yáñez Préstamo (03.74.0.29); 42. Antonio Caldeiro Peña (03.74.0.30); 43. Antonio Caldeiro Peña (02.75.0.08); 44. Sara Carrozas Melle (02.75.0.16); 45. Manuel

Varela Darriba (02.75.0.17); 46. Pablo López Pérez (02.75.0.18); 47. Carlos Belón Ares (02.75.0.19); 48. Pablo López Barrera (02.75.0.20); 49. Carlos Belón Ares (02.75.0.21); 50. Xunta de Galicia-Centro de Saúde (02.75.0.01); 51. Hotel Alfonso IX (02.75.0.12).

Sarria, 18 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado