Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 28 de novembro de 2000, acordou prestar aprobación definitiva ó estudio de detalle incoado por instancia de Manuel Fernández Fernández, para ordenación de volumes en parcela situada na rúa da Constitución, esquina á rúa de nova apertura da vila de Sanxenxo, de conformidade coa documentación redactada polo arquitecto Alfredo Díaz Grande.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos seguintes:

a) Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente.

Sanxenxo, 13 de decembro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde