Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/278-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., .C.T.C., R.B.T.S. Canido, s/n.

Situación: Malpica.

Características técnicas: que coa finalidade de mellora-la calidade da subministración eléctrica na zona de Canido, no concello de Malpica. L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 0,2 km, con orixe no C.T. Canido, e final no C.T. Canido II proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. R.B.T.S, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe no C.T. Canido II proxectado e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña