Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/277-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Restollal, 26.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: coa finalidade de mellora-la calidade da subministración de enerxía eléctrica ós clientes da zona da rúa Restollal, no concello de Santiago de Compostela. L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,16 km, con orixe na L.M.T.S. Santiago II (expediente 52626) inmediacións C.D. Torres Compostela e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña