Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Auxiliar Conservera, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Auxiliar Conservera, S.A., con nº de código 3600152,

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 20-11-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Auxiliar Conservera, S.L.

I. Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións laborais entre Auxiliar Conservera, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a todo o persoal que estea prestando servicios actualmente nesta empresa, xa sexa na sección de frío industrial, como na de fariña de peixe, calquera que sexa a actividade das mencionadas a que se dedique.

Artigo 3º

A vixencia do presente convenio será do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000.

Artigo 4º.-Prórroga.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, agás se algunha das partes que o subscriben o denunciase cunha antelación de tres meses á expiración da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbibilidade.

Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que por calquera disposición durante a vixencia deste convenio puidera establecerse.

II. Condicións laborais

Artigo 7º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo para o persoal afectado polo presente convenio será de trinta e nove horas e trinta minutos semanais de traballo efectivo, segundo o seguinte horario.

-Factoría de frío industrial.

De luns a xoves de 8 a 16.30 horas con 30 minutos de descanso e o venres de 8 a 16 horas con 30 minutos de descanso, entendéndose os 30 minutos de descanso como tempo non efectivo de traballo. Quedan exentos da xornada expresada o persoal adscrito á sala de máquinas, o cal por esixencias do servicio efectuará quendas rotativas establecidas pola empresa de mañá, tarde e noite de 39 horas e 30 minutos efectivos de traballo semanal, cos descansos regulamentarios, por estar exceptuados do descanso dominical.

-Factoría de fariñas.

Quenda de noite: estará composta por un oficial de primeira e un peón, dependendo das necesidades da producción poderíase aumentar un traballador máis de cada categoría, sendo o sistema de funcionamento de forma rotativa entre todo o cadro de persoal adscrito ó dito centro, semanalmente no primeiro caso e quincenalmente no segundo. O horario será de 22 horas a 6.15 horas do día seguinte con 15 minutos de descanso de luns a xoves e os venres o horario será de 22 horas a 5.45 horas do día seguinte, igualmente con 15 minutos de descanso.

O descanso de 15 minutos será considerado como tempo efectivo de traballo.

O resto do persoal, que non traballase na quenda de noite, farao no horario de 8 horas a 16.30 horas de luns a xoves e o venres de 8 a 16 horas, con 30 minutos de descanso; este descanso non será considerado como tempo efectivo de traballo.

O persoal que estivese no cadro o 1 de xaneiro de 1993 que realice a quenda de noite, percibirá ademais das que a lei lle outorga, un complemento que queda establecido en 500 ptas. por noite traballada para o oficial de primeira e 400 ptas. para o peón. A empresa comprométese a soluciona-lo transporte para este persoal que realice a dita quenda.

O persoal da empresa, tanto na sección de frío industrial como o da sección de fariñas de peixe, comprométese a atender e realizar cos traballadores que fose necesario, os labores de descarga de camións de peixe fresco e conxelado que, motivado por algún sinistro imprevisible, chegasen á empresa

fóra da xornada normal de traballo, sempre e cando a dirección desta llo comunicase ó persoal, se fose posible, cunha antelación mínima de 12 horas.

A empresa coidará a través dos seus encargados e capataces de distribuí-lo traballo de forma tal que non se prolonguen os períodos de estadía do persoal nas cámaras frigoríficas de conxelación, para o que establecerán quendas rotativas dentro da xornada ou se alternarán as clases de traballo. En ningún caso poderá exceder de 6 horas a permanencia nas ditas cámaras, dándose por concluída a xornada unha vez chegado a ese tope. Cando se traballen períodos menores de 4 horas en cámaras, completarase a xornada normal ata 8, fóra delas.

Pasadas as 4 primeiras horas, o tempo que transcorra computarase como dobre para efectos de completa-la xornada.

Artigo 8º.-Licencias retribuídas.

A empresa concederá licencias ós traballadores que a soliciten, tendo en conta os seguintes casos:

a) Matrimonio do productor: 15 días.

b) Enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes ou descendentes e parto da esposa: 5 días.

c) Morte do cónxuxe, ascendentes, incluídos políticos se conviven baixo o mesmo teito, descendentes ou irmáns: 5 días.

d) No caso de parentes políticos e de non existir convivencia: 3 días.

e) No caso de desprazamento da propia residencia, será o tempo necesario sen dereito a retribución polo exceso dos mencionados días.

f) Por cumprimento dun deber inescusable de carácter público, o tempo que sexa necesario.

g) 6 días para asuntos particulares, o seu desfrute será disposto pola empresa por solicitude do traballador. No suposto de que o comité e a empresa acorden desfrutar estes seis días colectivamente, o desfrute levarase a cabo desta forma.

A licencia de cinco días poderá continuarse sen dereito a retribución, logo de certificado médico, o cal será esixido cada sete días, sendo o primeiro en modelo oficial e con cargo á empresa e os sucesivos en modelo non oficial, con cargo ó traballador.

Artigo 9º.-Permisos.

A empresa poderá concederlle ó persoal permisos non retribuídos sempre que as esixencias do servicio así o permitan e obrigatoriamente no caso b) do artigo anterior, cando exceda logo da oportuna xustificación da dita licencia.

Artigo 10º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído para todo o persoal consistirá en 30 días naturais. O período de vacacións retribuirase para cada categoría profesional cos importes que se especifican na táboa salarial anexa e que abrangue os conceptos do salario base mensual, antigüidade e complemento de asistencia.

Artigo 11º.-Prohibición de carga e descarga.

A empresa queda obrigada a non utilizar nos labores de carga e descarga que esixan subir a camións ou buques o persoal feminino, o límite máximo do peso a cargar a man será de 35 kg, en ámbolos casos enténdese por persoa. Os menores de 18 anos só poderán efectuar labores de carga, descarga e transporte de pesos non superiores a 8 kg. Para o persoal feminino e ata 20 para o persoal masculino. No caso de arrastre manual, o peso máximo será de 50 kg, cunha distancia non superior a 4 metros.

Artigo 12º.-Salario.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, durante a súa vixencia e segundo a súa categoría profesional, o salario base que se especifica na táboa salarial anexa.

Se o IPC supera o 31 de decembro de 2000 o 3,6 %, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2000. Quedan exceptuados desta revisión os artigos 14, 18 e 21 e o persoal da quenda de noite, fariñas, punto terceiro.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal da empresa percibirá nos meses de xullo e decembro o importe de 30 días de salario base mensual do convenio máis antigüidade e complemento de asistencia, que figura na táboa salarial anexa para cada ano.

Artigo 14º.-Complementos salariais do posto de traballo.

O persoal afectado por traballos de carácter penoso, perigoso, tóxico ou molesto, percibirá por cada día de traballo, complementos salariais na contía fixada na táboa salarial anexa para cada ano. Se o día 1 de cada ano o valor correspondente a este suplemento fose inferior ó resultado de aplica-lo 20% sobre o salario mínimo interprofesional na dita data, percibirase o valor deste complemento na contía así calculada, sen que poida afectarlle calquera outra variación do dito salario mínimo interprofesional que puidese producirse durante o transcurso de cada ano.

As cantidades que resultasen de aplicar este criterio aboaranse con efectos retroactivos unha vez que sexa aprobado o convenio colectivo de cada ano. Todo o persoal, excluídos apoderados e técnicos, percibirán unha prima de producción antes do 15 de xaneiro de cada ano dunha contía de 80.000 ptas.

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal da empresa percibirá en concepto de complemento de transporte, a cantidade de 5, 10 ou 15 ptas diarias, segundo resida en Vigo cidade, extrarradio de Vigo ou outro concello, sempre e cando o viñese percibindo con anterioridade ó 31 de decembro de 1977.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de aumentos periódicos por anos de ser

vicio consistentes en trienios-mes ilimitados, segundo o valor establecido na táboa salarial anexa.

Se o primeiro de xaneiro de cada ano, o valor trienio-mes fixado na táboa salarial fose inferior ó resultado de aplica-lo 6% sobre o salario mínimo interprofesional que rexese na dita data, percibirase o valor do trienio na contía así calculada, sen que poida afectarlle calquera outra variación do salario mínimo interprofesional que puidese producirse durante o transcurso de cada ano.

As cantidades que resultasen de aplicar este criterio aboaranse con efectos retroactivos ó día 1 de xaneiro, unha vez que se aprobe o convenio de cada ano.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa táboa salarial anexa aplicándose o criterio para a súa realización recollido no artigo 13 do A.I. de 1983, definíndose especificamente como horas extraordinarias estructurais as derivadas dunha prolongación necesaria da xornada como consecuencia de descargas de peixe conxelado, fresco, así como entrada da mercadoría en cámara e a súa transformación en fariña.

Por petición do traballador, cada hora extra pode ser compensada con hora e media de descanso. O desfrute deste beneficio será previamente establecido entre a empresa e o traballador.

Artigo 18º.-Vinculación á empresa.

Todo traballador que por razón de idade se xubile, cause baixa na empresa a consecuencia de invalidez permanente absoluta ou falecemento e leve nela un mínimo de 5 anos, percibirá unha indemnización a tanto alzado na contía de 32.000 ptas. incrementándose esta noutras 32.000 ptas. por cada ano de servicio ata un máximo de 140.000 ptas.

Artigo 19º.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa quedará obrigada a incorporar a un posto de traballo adecuado, sen diminución das súas percepcións económicas a todo traballador que quedase incapacitado parcial ou totalmente para o seu traballo habitual como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional, sempre que tal posto exista na empresa. No caso de nova creación daráselle preferencia a este persoal, logo da proba satisfactoria de aptitude.

Artigo 20º.-Complementos prestacións de Seguridade Social.

A empresa complementará os seus traballadores en situación de incapacidade temporal derivada dunha enfermidade común ou accidente non laboral desde o 4º ó 21º días (ámbolos dous incluídos) da baixa co 25% do seu salario. Despois do 21º día, a empresa aboaralles ós traballadores que continúen nesta situación a diferencia existente entre o seu salario e as prestacións da Seguridade Social ata a percepción do 100%.

Se a incapacidade temporal é por hospitalización, a empresa aboará o 100% do salario, desde o primeiro día da baixa.

No caso de accidente laboral, a empresa complementará co 25% as prestacións que lle correspondan ó traballador, calculadas sobre as bases de cotización para accidente, a partir do día da baixa.

Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia ó seu consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá sen perda de retribución o permiso necesario por un total de ata dezaseis horas anuais máximo, debendo xustificarse este co correspondente volante visado polo médico.

Artigo 21º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para as categorías que figuran na táboa salarial por un importe mensual de 8.500 ptas. que, divididas entre 22 días estimados de traballo mensual, resulta unha cantidade diaria de 386 ptas. Este complemento devengarase na súa integridade se non se faltou ó traballo ningún día durante cada mes.

A falta de puntualidade nun día de traballo que non supere a media hora, presupón a perda das 386 ptas. A reiteración de falta de puntualidade durante unha quincena, presupón a perda do complemento correspondente a ese mes.

Artigo 22º

No caso de necesitar cubrir algún posto de traballo, terán prioridade os fillos de productores, sempre que reúnan as condicións esixidas para cubri-lo dito posto.

Artigo 23º

Farase unha revisión médica tódolos anos e para tódolos empregados, a través do gabinete médico da compañía coa cal a empresa ten contratado o seguro de accidente.

Artigo 24º

O presente convenio foi acordado entre a empresa Auxiliar Conservera, S.A. representada por Eladio Liz Freire e Rodolfo Hinrichs Vázquez de Parga,

este como asesor e en representación da parte social, os membros do comité de empresa José Luis Díaz Peña, Florencio Estévez Pérez co asesoramento de Manuel Lores Lago.

III. Disposicións derradeiras

1. Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio colectivo e en xeral para atender cantas cuestións derivan da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria que está integrada polos seguintes membros:

-Dous vocais nomeados pola representación da empresa.

-Dous membros do comité de empresa.

Esta comisión reunirase a petición de calquera das partes, logo de convocatoria nun prazo de 72 horas.

2. O comité de empresa, ademais das que a lei lle outorga, terá as seguintes funcións específicas:

a) Denuncia-lo convenio como lexítimo representante dos traballadores.

b) Negociar convenios coa dirección; durante este proceso poderá ser asistido polos asesores que consideren oportunos, logo de comunicación.

c) Os delegados sindicais gozarán de 15 horas mensuais para os seus labores sindicais. As horas non precisadas por un ou varios delegados poden ser utilizadas por outros delegados que superasen a súa cota, sempre que non excedan do cómputo total de horas que correspondan á totalidade dos delegados existentes.

d) En caso de realización de congresos sindicais da central que representan, a empresa poderá autoriza-lo tempo necesario para asistir a estes.

e) A empresa, a pedimento persoal de cada traballador descontará da súa nómina o importe mensual da cota sindical, a cal será ingresada na conta que se lle indique na mencionada petición, nos cinco días seguintes á liquidación de haberes.

Táboa salarial de 2000

Categoría

Salario base mensualComplemento salarial

importe día traballo

Antigüidade importe

1 trienio mensual

Complemento asistencia

mensual

Artigo 12ºArtigo 14ºArtigo 16ºArtigo 21º

Xerente225.746010.3590

Axudante titulado200.41008.8790

Xefe administrativo200.41008.8790

Ofic. 1 administrativo144.31106.1000

Ofic. 2 administrativo120.02505.0690

Auxiliar administrativo112.14705.0690

Encargado138.1536265.6408.500

Ofic. 1 máquinas128.6655985.4068.500

Ofic. 1 producción118.8275655.0698.500

Peón especialista113.8875655.0698.500

Peón112.3935655.0698.500

Operaria fabricación109.9425655.0698.500

Táboa horas extras

Oficial 1

Día normalFestivo

Peón especialista

Día normalFestivo

Peón

Día normalFestivo

S/ Antigüidade1.3891.9781.2961.8571.2841.832
01 trienio1.4312.0451.3511.9251.3231.899
02 trienios1.4692.1111.3891.9921.3641.952
03 trienios1.5242.1791.4312.0451.4052.018
04 trienios1.5642.2441.4702.1111.4562.085
05 trienios1.6172.2991.5242.1651.4852.138
06 trienios1.6572.3791.5642.2381.5242.192
07 trienios1.6982.4191.6042.2851.5642.244
08 trienios1.7372.4991.6442.3391.6042.311
09 trienios1.7772.5791.6702.3921.6442.365
10 trienios1.8182.6601.7092.4451.6852.419