Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión con data do 8 de xaneiro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para fixación de rasantes na esplanación TIR (zona portuaria), promovido por Tirwest, S.L. e redactado polos arquitectos Antonio Rodríguez Martín e Antonio Espinosa Murias.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde