Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle na avenida da Florida, 19, e na rúa Médico José Mato, 4-6. (Expediente 5961/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de novembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións interiores e tapado de medianeiras para o soar sito entre a avenida da Florida, 19, e a rúa Médico José Mato, 4-6 (expediente 5961/411) presentado pola entidade Otero y López Promociones, S.L., redactado polo arquitecto José Herrero García e visado polo COAG o 19 de maio de 2000.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e a súa notificación persoal ós propietarios afectados.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 14 de decembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo