Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso para o contrato de cesión en arrendamento de xogos infantís para instalar en diferentes parques e zonas do concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 1118/2000.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso para o contrato de cesión en arrendamento de xogos infantís para instalar en diferentes parques e zonas do concello de Ourense.

2.2. Duración do contrato: oito anualidades.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Non existe.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 400.000 pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 13 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 11 de decembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde