Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso de anteproxectos para a construcción dun novo edificio da policía local.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 1080/2000.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso de anteproxecto para a construcción de edificio de policía local.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: concurso con intervención de xurado.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. 1 premio: 1.000.000 de pesetas, como adianto da redacción do proxecto.

4.2. 2º premio: dous accesit de 500.000 pesetas cada un.

5. Obtención da documentación e información.

5.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

5.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

5.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

5.4. Teléfono: 988 38 81 33.

6. Requisitos.

6.1. Poderán concorrer a esta licitación os arquitectos inscritos nalgún Colexio Oficial de Arquitectos.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

7.1. Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

7.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

7.4. Localidade: Ourense.

8. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Ourense, 29 de novembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde