Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro do 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-250/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José A. García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente nº: P-250/2000.

Denunciado: Domingo Arroyo Rodríguez.

(DNI 09.959.723-X).

Último enderezo coñecido: avenida del Bierzo-Ponferrada. León.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca fluvial con cebo non permitido (cebo natural) para as masas de auga e día no que se atopa. Feitos constatados o día 8-8-2000, ás 13.15 h, no río Sil-Ponterairas. Quiroga. Lugo.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.

Lugo, 17 de novembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo