De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José A. García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
ANEXO
Expediente nº: P-244/2000.
Denunciado: José Luis Buján Ferreiro.
(DNI 33.852.969-M).
Último enderezo coñecido: Fondevila-Olveda, nº 6-Antas de Ulla-Lugo.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 7-8-2000, ás 20.30 h no río Miño-encoro dos Peares-Diomondi. O Saviñao. Lugo.
Precepto sancionador: 34.8º da Lei 7/1992 de pesca fluvial en Galicia.
Cualificación infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período de un ano
Lugo, 14 de novembro do 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo