Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 795

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de xaneiro de 2001 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 24 de outubro de 2000 (DOG nº 214, do 6 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 24 de outubro de 2000 (DOG nº 214, do 6 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde causen alta os funcionarios, realizará as dilixencias de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3603690302A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Camino Cajaraville, Manuel.

Denominación do posto de traballo: xefe Sección Habilitación.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 25.

C. específico: 1.240.727.

NRP: 1268927213A205J.

Grupo: A.

Apelidos e nome: De la Hera Roldán, Antonio.

Denominación do posto de traballo: Subdirección Xeral de Administración Industrial.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 30.

C. específico: 2.410.541.

NRP: 3614141746A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Suárez Baquero, Andrea.

Denominación do posto de traballo: secretaria director.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 18.

C. específico: 567.185.