Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 794

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de música e artes escénicas, de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

A base décimo quinta da Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 27) pola que se determina a com

posición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral dispón:

Primeiro.-Formaranse dúas comisións, unha para o corpo de profesores de música e artes escénicas e outra para os corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións nela.

Terceiro.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 27), poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros das comisións terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Rodrigo Porral Mato.

Vocais: Mario Seoane Blanco.

Juan Vara García.

Vicente Pérez Planells.

Mª de los Reyes Fátima Rey Silva.

Corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño:

Presidente: Rodrigo Porral Mato.

Vocais: Javier Vilariño Pintos.

Carlos del Campo Prieto.

Josefa Ballestero García.

Rosa Millares Parada.