Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2001 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000, os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios, serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR e EURIBOR durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se lles aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2001 ós préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1992: 7,30%.

-Préstamos do convenio 1993: 6,85%.

-Préstamos do convenio 1994: 6,85%.

-Préstamos do convenio 1995: 6,85%.

-Préstamos do convenio 1996: 6,90%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,75 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (5,16) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios 1997 e 1998: 6,40%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (5,13) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos do convenio 1999 e 2000: 6,30%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de lle engadir ó tipo de referencia (5,131) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras comunicaranlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro desta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica