Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/109-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. predio Tras Carrabouxo.

Situación: Barbadás.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea de 285 m derivada desde a arqueta na cruz das rúas Garrido e avda. Celanova, con remate na cela de liña do C.T. urbanización Valenzá-2. Centro de transformación non prefabricado de 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V no predio Tras Carrabouxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de novembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense