Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de cociña-comedor do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña. (Expediente 11/2000 SE).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 11/2000 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de cociña-comedor.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña.

c) Prazo de execución: do 1 de marzo de 2001 ó 30 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 87.400.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Enderezo: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de marzo de 2001, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 8 de marzo de 2001, ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria