Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001 pola que se convocan varios cursos de formación sobre metodoloxía, procedementos e técnicas estatísticas.

En cumprimento da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do plan galego de estatística 1998-2001, e para a execución da operación estatística nº 120 Formación en procedementos estatísticos, subscribiuse un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística. Para tal fin convócanse os cursos referidos no anexo I desta resolución, que se desenvolverán conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

a) O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e da certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos II e III desta resolución, e cubrilos en tódolos epígrafes. Para a descrición das

tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

b) No curso básico de organización e fontes estatísticas para profesores de ensino secundario obrigatorio e de bacharelato, a certificación á que se refire o punto anterior será substituída por unha copia compulsada do documento acreditativo da condición de profesor.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e presentaranse no seu rexistro, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 20 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos esixidos para cada curso no referido anexo I.

Excluiranse os solicitantes que xa tivesen feito un curso de similar contido.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

A relación de seleccionados para participar nos cursos exporase nos taboleiros de anuncios do IGE e da EGAP.

Terceira.-Certificados de asistencia.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación de asitencia e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes ou outras causas sobrevidas imposibilitasen a súa realización. As ditas circunstancias comunicaránselle, de se-lo caso, ós solicitantes.

ANEXO I

I. Curso básico de organización e fontes estatísticas.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación no coñecemento das fontes de datos dispoñibles, a correcta utilización dos ins

trumentos adecuados para a recolla de datos, o seu tratamento e posterior utilización na elaboración de informes.

2. Destinatarios.

1ª edición: persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística.

2ª edición: profesores de ESO e de bacharelato con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios:

1ª edición: contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

2º edición: por rigorosa orde de presentación de solicitudes.

4. Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística. Complexo administrativo San Lázaro; rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: o curso impartirase en dúas edicións:

1ª edición: 26, 27, 28 de febreiro e 1, 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14 de marzo.

2ª edición: 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 30 de abril e 2, 3 de maio.

Horario: das 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Organización e fontes estatísticas. A obtención de datos estatísticos. Introducción á análise exploratoria de datos. Ferramentas estatísticas utilizables nas estatísticas demográficas, sociais, económicas, estructurais e conxunturais.

II. Tratamento de datos estatísticos a través de ferramentas ofimáticas.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación e coñecementos no tratamento e análise de datos mediante o uso dos programas de MS-Office, Access e Excel.

2. Destinatarios.

Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios:

a) Contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

b) Coñecementos informáticos.

De acordo con estes criterios a selección efectuarase con base na seguinte orde de prioridade:

1ª edición:

-Persoal do Instituto Galego de Estatística.

-Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma.

2ª edición:

-Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma.

-Persoal do Instituto Galego de Estatística.

4. Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística. Complexo administrativo San Lázaro; rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: o curso impartirase en dúas edicións:

1ª edición: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28, 29 de marzo e 2, 3 e 4 de abril.

2ª edición: 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 de setembro.

Horario: de 16.30 ás 19 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Organización e fontes estatísticas. Programa Ms-Office. Programa Access. Programa Excel.

III. Deseño de mostras, recolla de datos en censos e enquisas.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación básica ou avanzada sobre técnicas de mostraxe, deseño de mostras e métodos de extracción.

2. Destinatarios.

Persoal da calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios:

1ª edición:

a) Contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

b) Coñecementos estatísticos avanzados.

2ª edición:

a) Contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

b) Coñecementos estatísticos básicos.

De acordo con estes criterios a selección farase con base na seguinte orde de prioridade:

1ª edición: Persoal do Instituto Galego de Estatística.

Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma.

2ª edición: Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma.

Persoal do Instituto Galego de Estatística.

4. Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística. Complexo administrativo San Lázaro; San Lázaro, s/n, 15703-Santiago de Compostela.

Datas: o curso impartirase en dúas edicións:

1ª edición: 9, 10, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de maio.

2ª edición: 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29, 30, 31 de outubro.

Horario: das 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo 20.

5. Contido.

1ª edición: organización e fontes estatísticas. Proxecto dunha enquisa. Censos e mostras. Fundamentos e métodos de mostraxe aleatoria. Erros de mostraxe e erros alleos á mostraxe. Programación e control de traballos de campo en enquisas demográficas e en enquisas económicas.

2ª edición: organización e fontes estatísticas. Fundamentos. Poboación e mostra. A mostraxe estatística ou probabilística. Deseño dunha enquisa. Métodos indirectos de estimación. Mostraxe aleatoria estratificada. Mostraxe con probabilidades desiguais. Mostraxe de conglomerados. Plans de mostraxe para o control estatístico da calidade. Introducción ó deseño de calidade.

IV. Aproveitamento estatístico dos rexistros administrativos.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación no coñecemento e xestión dos rexistros administrativos.

2. Destinatarios.

Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística.

3. Selección.

De acordo co seguinte criterio: contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

4. Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística. Complexo administrativo San Lázaro; San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Datas: 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de xuño.

Horario: das 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Descrición, requisitos e ámbito dun rexistro administrativo. Análise dos seguintes rexistros: conxunto mínimo básico de datos -CMBD-, documento de recolla de datos -DRD- e rexistro de poboación.

V. Análise de series temporais: modelización e técnicas de extracción de sinais.

1. Obxectivos.

Proporcionar formación na análise de series temporais, con especial atención ós procedementos de extracción de sinais útiles para a análise de conxuntura.

2. Destinatarios.

Persoal de calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto

de traballo, realice funcións relacionadas coa estatística.

3. Selección.

De acordo co seguinte criterio: contido estatístico das tarefas desempeñadas, con especial referencia á xestión de rexistros administrativos.

4. Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego Estatística. Complexo administrativo San Lázaro; San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Datas: 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de novembro.

Horario: das 16.30 ás 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

5. Contido.

Modelización univariante. Técnicas de extracción de sinais. Modelización multivariante.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO III

Don...................... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de

CERTIFICO:

Que Don/a .............., no desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas no contido do curso...................................

..............., ...... de........ de 2001.

Asdo.:....................