Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se fai público o nomeamento dos funcionarios que se citan.

Faise público o nomeamento dos seguintes funcionarios:

Roberto Babío Fernández, con DNI nº 32.805.882-Q, funcionario pertencente ó grupo A-20 da escala de administración especial-subescala técnica (economista), adscrito á Área de Economía e Facenda deste concello, como xefe de Sección de Xestión Orzamentaria da citada área, cun nivel de complemento de destino 26 e cun complemento específico de 1.275.465 pesetas (7.665,70 euros).

María Luisa Rodríguez Don, con DNI nº 32.759.730-W, funcionaria pertencente ó grupo A-22 da escala de administración especial-subescala técnica (psicóloga), adscrita á Área de Sanidade e Servicios Sociais deste concello, como xefa de Sección de Atención Especializada da citada área, cun nivel de complemento de destino 24 e cun complemento específico de 1.113.174 pesetas (6.690,31 euros).

Mª Dolores Abad Pardo, con DNI nº 32.771.510-Y, funcionaria pertencente ó grupo C-18 da escala de administración xeral-subescala administrativa, posto administrativo, adscrita á Área de Medio Ambiente e Servicios deste concello, como xefa de Negociado de Xestión Administrativa da citada área, cun complemento de destino 21 e cun complemento específico de 706.422 pesetas (4.245,68 euros).

Victoria Margarita Miguélez Pena, con DNI nº 32.441.939-W, funcionaria pertencente ó grupo D-15 da escala de administración xeral-subescala administrativa, posto auxiliar administrativo, adscrita ó Gabinete da Alcaldía deste concello, como xefa de grupo no citado Gabinete da Alcaldía, cun nivel complemento de destino 18 e cun complemento específico de 547.396 pesetas (3.289,92 euros).

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 12 de decembro de 2000.

Mª Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá