Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía do día 15-12-2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemente aberto, da obra de rede de abastecemento de auga en Loenzo de Arriba e Loenzo de Abaixo, parroquia de Bértoa, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 8.700.802 pesetas (52.292,87 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Fianza provisional: 174.016 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte á última publicación.

Documentación: presentaranse en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 15 de decembro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde