Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 683

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (61/1999).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 61/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2000.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz de instrucción, visto e oído en xuízo oral e público, esta causa de xuízo de faltas 61/1999, seguido por unha falta de lesións imprudentes, contra Celso Ramallo Freijeiro, no que actuaron como partes, dun lado, o Ministerio Fiscal, e como denunciantes, Mª del Mar Pájaro Casal, Bárbara Taboada Gómez, Mónica Sanjurjo Pájaro e José Daniel Seijas Vieites.

Decido que debo absolver e absolvo a Celso Ramallo Freijeiro da falta de lesións imprudentes da que estaba acusado, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Celso Ramallo Freijeiro, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catorce de decembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado