Convocada a concurso por resolución da Universidade de Vigo, do 11 de outubro de 2000 (BOE
do 27 de outubro), unha praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de historia e institucións económicas.
Finalizado o pasado 21 de novembro de 2000 o prazo de presentación de solicitudes sen que se recibise ningunha.
Este rectorado resolveu declarar deserta a praza con referencia 42/2000 do corpo de profesores titulares de universidade, da área de coñecemento de historia e institucións económicas, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas.
Vigo, 18 de decembro de 2000.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo