Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en equipamentos, convocada por Resolución do 6 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro).

Rematado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en equipamentos, convocada por Resolución do 6 de setembro de 2000 (DOG do 4 de outubro), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación:

Relación de admitidos.

DNI núm.Apelidos/nome

32.662.398Freijomil Bañobre, Joaquín

32.787.261Grandio Rodríguez, M. Teresa

32.754.245Montes Rodríguez, María Raquel

De acordo co previsto na base 7.1, convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 17 horas do día 5 de febreiro de 2001, na sala de xuntas da Xunta de Goberno deste rectorado (rúa Mestranza, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de decembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña