Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 714 e 753/2000.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este

medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no art. 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 714/2000.

Acta inf. nº: 958/2000.

Empresa: Placasan, S.L.

NIF/DNI: B-15435530.

Enderezo: As Cancelas, 38-Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 250.000 pesetas.

Expediente nº: 753/2000.

Acta Inf. nº: 1110/2000.

Empresa: Manuel Resua Otero.

NIF/DNI: 33208530-A.

Enderezo: avda. Santuario de Pastoriza, 14 1º-Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 275.100 pesetas.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 15 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña