Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera (Apetamcor).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 4 de decembro de 2000 certificación expedida pola secretaria xeral da asociación, María Elisa Otero López, avalada co visto e prace do presidente, Ricardo Díaz González, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria do día 3 de xuño de 2000 e que consiste na modificación do artigo 9 dos estatutos, que fai referencia á perda da condición de asociado.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais