Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 615

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, do tribunal número 2 designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño), pola que se anuncia a data, a hora e o lugar do comezo do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión do día 10 de xaneiro de 2001, o tribunal número 2 designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto na base II.1.1.b) da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición dará comezo o día 23 de xaneiro de 2001, ás 16.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela.

Os aspirantes convocados para esta data son:

-Iglesias Rodríguez, María del Carmen.

-Jares Gago, Natalia.

-Landeira Méndez, Pedro Javier.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Diariamente serán convocados, no taboleiro de anuncios da EGAP, os aspirantes que deberán concorre-los días seguintes.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal A2