En sesión do día 9 de xaneiro de 2001, o tribunal número 1 designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.b) da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición dará comezo o día 22 de xaneiro de 2001, ás 16.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela.
Os aspirantes convocados (correspondentes á quenda de promoción interna) para esta data son:
-Álvarez Freijido, Luis Alberto.
-Fernández González, José Ramón.
-Mariño Fernández, Mª Consolación.
Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
Diariamente serán convocados, no taboleiro de anuncios da EGAP, os aspirantes que deberán concorre-los días seguintes.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.
Joaquín Lopez-Rúa Soler
Presidente do tribunal A-1