Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 512

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 24 de outubro de 2000, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de citación para notificación. (B 33390949).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentándose a notificación ó interesado ou o seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pedentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os deudores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial da Comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na Delegación ou Administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para os efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtese ós interesados de que, de non compareceren no mencionado prazo, a notificación entenderase producida a tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 24 de outubro de 2000.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe de Servicio de Recadación de Oviedo

ANEXO

Datos do contribuínte: B33390949, Cañacel, S.L., CL/19 de julio, 10; 3-8 Oviedo.

Concepto: sanción.

Descrición: exp. 1999/59.

Oxj. trib.: Xus., Int. e R. LA.