Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria que tivo lugar o 14-12-2000, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente por instancia de Mª Carmen Sánchez Álvarez, en representación de Construcciones Iglesan, S.L., o estudio de detalle e o proxecto de compensación do predio nº 507 do PXCP de Reis, e clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie neta de 2.283 m, e linda norte: río Santa Lucía; sur: camiño público; leste: Enrique Souto Lorenzo e outro e oeste: Mercedes Calvo Dorado e Manuel Roberto Cajaraville Campos.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 15 de decembro de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde