Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado Monte do Seixo, integrado por dúas parcelas denominadas Seixo-1 e Seixo-2, a favor dos veciños da Touza (Armeses), no concello de Maside (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 15-12-1999, inicia-lo expediente de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado Monte do Seixo, integrado por dúas parcelas denominadas Seixo-1 e Seixo-2 coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Maside.

Denominación: Monte do Seixo integrado por dúas parcelas denominadas Seixo-1 e Seixo-2.

Comunidade propietaria: lugar da Touza (Armeses).

Superficie: 59.734 m, en conxunto, aproximadamente.

Neste monte atópanse os seguintes elementos:-Mina e depósito de auga para toda a aldea.-Unha antena e unha caseta de Telefónica.-Unha antena e unha caseta de T.V.-Unha liña telefónica que cruza de norte a sur.

Parcela Seixo-1:

Superficie: 58.289 m.

Estremas:

Norte: estrada da Touza a Piñeiro.

Sur: camiño público, Manuel Caride González e Concepción Puga Álvarez.

Leste: Concepción Puga Álvarez, Filemón Abellás González, Concepción Puga Álvarez, Benigno Fernández Míguez, Benigno Puentes Castro e Manuel González González.

Oeste: estrada da Touza a Piñeiro, Luís González Domínguez, Manuel García Álvarez, herdeiros de Emilia San Mamez Castro e camiño público.

Parcela Seixo-2:

Superficie: 1,45 m.

Estremas:

Norte: Concepción Puga Álvarez, Manuel García Álvarez, Francisco Vázquez Lois e Lidia García González.

Sur: estrada da Touza a Piñeiro.

Leste: estrada da Touza a Piñeiro e Antonio González Estévez.

Oeste: estrada da Touza a Piñeiro e herdeiros de José Lois González.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense