Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación número 6007.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Rosendo Díaz Amor e outro, en domicilio en Chao do Val, 10, 27752 Vilamor-Mondoñedo, presentou nesta delegación provincial, o día 3 de xullo de 20000, instancia-solicitude do permiso de investigación Soledad de 19 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6007 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º18'20''43º28'40''

2-7º18'20''43º28'00''

3-7º18'40''43º28'00''

4-7º18'40''43º27'40''

5-7º19'00''43º27'40''

6-7º19'00''43º27'20''

7-7º20'00''43º27'20''

8-7º20'00''43º28'20''

9-7º19'40''43º28'20''

10-7º19'40''43º28'40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 7 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo