Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 492

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 7/2001, do 11 de xaneiro, polo que se dispón que cese José Antonio Álvarez Vidal como delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais na Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xaneiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, José Antonio Álvarez Vidal como delegado provincial da Conse

llería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais na Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais