Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 492

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

DECRETO 6/2001, do 11 de xaneiro, polo que se dispón que cese Antonio Crespo Iglesias como director xeral de Producción Agropecuaria.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xaneiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese Antonio Crespo Iglesias como director xeral de Producción Agropecuaria, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, once de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria