Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 405

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 4/2001, do 10 de xaneiro, polo que se lle encomenda ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria o despacho das funcións asignadas ó conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.

En virtude do establecido no artigo 26.7º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Encomendarlle ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria o despacho das funcións asignadas ó conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública