Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 405

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 2/2001, do 10 de xaneiro, polo que se dispón que cese Juan Miguel Diz Guedes, como conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, na súa condición de conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais, Juan Miguel Diz Guedes, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente