Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 405

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 1/2001, do 10 de xaneiro, polo que se dispón que cese Castor Gago Álvarez como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Castor Gago Álvarez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente