Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO.

No BOP de Pontevedra nº 233 do 5 de decembro de 2000, publicáronse integramente as bases para a provisión de dúas prazas de peón do servicio de recollida do lixo e unha praza de conductor/a do servicio de recollida do lixo, vacante no cadro de persoal laboral fixo e incluída na oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

De conformidade co establecido no R.D. 896/1991, o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O Rosal, 12 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado