Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de información pública.

Para cumplir con canto se establece polo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,

faise público que o Pleno do Concello, en sesión do 24 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para reordenación de aliñacións e volumes dun soar sito na avda. de Lugo, esquina prolongación Caracacho, esquina rúa WW.

O acto de aprobación definitiva pon fin á vía administrativa e contra este poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición ou, transcorrido o prazo dun mes, sen que a resolución se teña notificada, poderá interporse o recurso xurisdiccional anteriormente referenciado diante do órgano xudicial indicado.

O prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición. No caso de desestimación presunta, o prazo é seis meses desde a data en que esta deba entenderse producida, un mes desde a data de interposición do recurso de reposición.

Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso que en dereito se considere oportuno.

Monterroso, 5 de decembro de 2000.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde