Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para funcionarios de habilitación nacional e técnicos de Administración xeral de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o ano 2001, e de conformidade coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo, dirixidos a funcionarios de habilitación nacional e técnicos de Administración xeral de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalo coa presentación da instancia segundo o modelo oficial que figura como anexo II a esta resolución, e cubrila en tódolos epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 10 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149 do 3-8-1994).

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de anulalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade nos cursos. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, que supere o 15% das horas lectivas programadas,

imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa dos cursos con perda de tódolos dereitos.

Sexta.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro) pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ós cursos de iniciación á informática e internet e actualización de informática dirixidos a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional outorgaráselles unha puntuación de 0,20 puntos.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: iniciación á informática e á internet para funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

1. Obxectivos.

Iniciación no funcionamento dun ordenador. Coñecementos básicos. Manexo do sistema operativo. Utilización do ordenador como ferramenta de comunicación.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional con destino en corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: sede da EGAP, r/ de Madrid 2-4.

3.3. Datas: 29 e 31 de xaneiro e 5 e 7 de febreiro de 2001.

3.4. Horario: de 10 a 14 e de 15 a 18.30 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos. Sistema operativo. Manexos básicos iniciais. Concepto de carpeta e directorio. Gardar e ordena-la información. Configuración do contorno de traballo. A internet. Conceptos básicos iniciais. World Wide Web. O correo electrónico. Os grupos de noticias (News). Colaboración en tempo real. Chat e vídeo conferencia. Configuración dos programas necesarios.

Curso: iniciación á informática e xestión de folla de cálculo.

1. Obxectivos.

Iniciación do funcionamento dun ordenador. Coñecementos básicos. Manexo do sistema operativo. Creación de follas de cálculo.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local pertencentes ós grupos A e B ou asimilados con destino en corporacións locais da Comunicade Autónoma galega.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: sede da EGAP, r/ de Madrid, 2-4.

3.3. Datas: 30 de xaneiro, 1, 6, 8, 12, 13, 14, 15, 20 e 22 de febreiro de 2001.

3.4. Horario: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos do manexo dun ordenador. Sistema operativo. Nocións da folla de cálculo. Introducción de datos. Os comandos da folla de cálculo. Copias de datos gráficos. Deseño de follas de cálculo.

Curso: actualización de informática para funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

1. Obxectivos.

Trátase de actualizar e avanzar nos coñecementos adquiridos polos asistentes ós cursos de iniciación

á informática da EGAP e resolve-las dúbidas e problemas que se puidesen presentar no traballo cotián.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional con destino en corporacións locais da Comunidade Autónoma galega que teñan realizados cursos de iniciación á informática (deberán achegar, xunto coa instancia de solicitude, copia do correspondente certificado).

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 15 horas.

3.2. Lugar: sede da EGAP rúa de Madrid, 2-4.

3.3. Datas: 19 e 21 de febreiro de 2001.

3.4. Horarios: de 10 a 14 e de 15 a 18.30 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Concepto de bit e byte. Partes fundamentais dun ordenador persoal. Redes de ordenadores. Arquivo: programas e datos. Programas de uso máis cotián nas oficinas dos concellos. Concepto de sistema operativo. Internet. World Wide Web: accesos directos ós lugares máis visitados. Buscas. O correo electrónico. Os grupos de noticias (News). Chat e vídeo conferencia. Configuración dos programas necesarios.